O Xan comeza por ir quentando o sitio
Logo prepara o tractor
Os porcos non saben o que lles espera, tranquilos
Pero a mesa está agardando por eles
Chegan co marrao e átano á mesa
O Xosé apreta, ten que estar seguro
Empurran e marrao tumbado!
O Pepe é encargado de acoitelar
A Lina recolle o sangue para as filloas
Agora hai que chamuscalo con propano, arde mellor
Logo lavalo con auga a presión
Xa está preparado
Empeza o proceso para lle sacar as tripas
Xa colgado do tractor, fóra tripas
Era unha femia, velaí o aparello reprodutor
Xa están limpos, preparados e colgados
Agora toca lavar as tripas
Dentro, ao lado do braseiro, sen contaminar
Todo feito, agora a paxarela e as carnes mortas... e ..
 
Velaí, a matanza na casa de Baixo de Trasar de Carballo ... foi todo un éxito... agora falta que o tempo acompañe e veña frío e seco para que todo cure ben neste lugar que está a 710 m de altitude