Mándanos o teu comentario |
||
| 26 de setembro: andamos coa ensila do millo, o de Lamatravesa dá xenio velo. Temos que investigar cal é mellor terra, Lamatravesa ou os Currás. | ||
| 24 de setembro: o que perde unha vaca e encontra un corno, xa non perdeu todo ( hai que pensar que podía ser peor a desgraza, ser positivo) | ||
| 23 de setembro. Hoxe toca axudarlle á vendima ao Xan en Oleiros, na ribeira do Búbal. A Marta e o Xosé xa trouxeron as uvas da ribeira do Miño, en Coles. Tamén cómpre algo de viño e augardente para o autoconsumo. A ver se o tempo nos axuda. A Sra. Pilar coceu unha locoeira, que lle saen moi ricas. | ||
20 de setembro. Alerta, temporal:
pode facernos moito mal, poden arroiar as terras que andamos sementando de herba, pode "deitar o millo" que aínda non ensilamos. Onte ás 9.30 da noite aínda estabamos no muíño do Pataqueiro botando na herba ... |
||
17 de Setembro. Hoxe é feira en Castro. O señor José da Ribeiriña (quempacestea) sempre ía á feira de Castro. O señor José chamáballes ás patacas: mariñas. Nós acabamos de apañar a colleita deste ano para autoconsumo do patacas ou mariñas. E el por que lles chamaría mariñas? |
||
| 9 de setembro. Volvemos activar o contador de visitas, a ver se agora non mete páxinas raras, se o volve facer castigámolo de vez: á papeleira de reciclaxe. | ||
3 de setembro. Xa acabaron as quendas de vacacións, alá van, foron ben aproveitadas. Agora cumpría que chovese algo Rematadas as vacacións, empezamos a preparar a terra para sementar herba en algunha finca que se renova nestas datas debido a que en noutras non se podían traballar pola humidade, por exemplo. Agora aramos e estercamos, despois cando chova sementamos. Tamén imos ensilar un pouco millo nalgún eido moi seco, despois tocaralle recoller as patacas de autoconsumo......... |
||
| 28 de agosto. Andamos nas festas de Chantada. Carmen, a filla do presi, participou no desfile de carrozas | ||
| 25 de agosto: parte dos Parentes foron comer un rodicio brasileiro moi farto | ||
| 19 de agosto: Autor da escultura e do texto: Xosé Manuel |
||
15 de agosto. NUNCA MAIS AO LUME!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! |
||
5 de xullo. Hoxe honráronnos coa súa visita Visitaron detidamentes as nosas instalacións do Arransallo e acabaron practicando a arte do péndulo na cantina do Xosé. Graciñas pola súa amabilidade |
||
3 de xullo. Un fungo descoñecido na ribeira de Oleiros ataca as cepas do Sr. Presidente de Os Parentes. Seica fai secar a uva. Haberá que lle botar funxicida. La Voz de Galicia (Ourense):
Las altas temperaturas han traído a O Ribeiro una plaga de black rot , también de mildiu y algo de oÍdio. La voz de alarma saltó a finales de la semana pasada y ayer la preocupación era ya patente en la comarca. Una de las zonas más afectadas está siendo Arnoia. Xosé Manuel Vilas, responsable en la comarca del Sindicato Labrego Galego, estuvo recorriendo la comarca para calibrar los daños y tener preparada una evaluación a mediados de esta semana. |
||
| 26 de XUÑO: xa estamos na lista desta revista onde aparece unha vaca nosa. | ||
25 de XUÑO. Antes tiñamos un vocabulario especial para lles afalar ás vacas do país: Temos que mirar se tamén as entenden as holandesas, as suízas, as canadianas, as francesas... |
||
24 de XUÑO: FELICIDADES PRESIDENTE !!! (e tamén a HELENA)
|
||
| 17 de xuño. O dos Parentes coas vacas xa empeza a ser preocupante |
||
| 9 de xuño. Alguén cre que aínda non chegou a modernidade á nosa terra?, que se dea unha volta por aquí e verá como se fan as cousas á man |
||
| 31 de Maio. Xa rematamos de botar o millo, e como tamén fixemos a malla do millo de espiga colleitado o ano pasado, agora vacacións, a semana por cabeza. Velaquí unha unha arca case chea de millo, semente INRA | ||
30 de Maio. Como o leite vale pouco fomos á feira do libro de Ourense vender un e topamos co Carrabouxo |
||
25 de Maio. Grazas ao Sr. Bardelás por nos comunicar que a faba do pan é o altramuz en castelán e lupinus en latín. Na enciclopedia di que en galego tamén se chama chícharo bravo ou chícharo de raposo. E engade que se pode plantar antes do cereal nas rotacións de cultivo para fixar o nitróxeno no chan |
||
| 19 de Maio. Rematamos a ensila, aínda que non prometía moito recollemos algo máis que o ano anterior, tamén nos axudou que collemos algunhas terras máis en aluguer. Agora temos que preparar a terra para sementar o millo que falta. Polo momento xa imos descansar esta fin de semana da forma acostumada. Se cadra, rematada a bota do millo igual a cousa dá para coller algo de vacacións ..., xa veremos o que alá chegue | ||
| 14 de Maio. Andamos de ensila, quedaron suspendidos os descansos. Na semana pasada botamos parte do millo, este ano incorporamos unha nova marca TRERMO, ademais do AUROESTAR e o CAROLUS. | ||
| 9 de MAIO. Nós chamámoslle faba do pan. Alguén lle coñece outro nome? | ||
| 8 de MAIO. Natureza, ai a natureza! | ||
| 6 de MAIO. Xente dos Parentes no enterro do seu amigo Orestes en Castro (xunto ao nº 2 do PSOE, Xosé Blanco) |
||
| 5 de MAIO. Unha sebe tres anos, un can tres sebes, un cabalo tres cans, un home tres cabalos, un corvo tres homes!!! Iso dicía o Xan de Baixo para que os fillos aprenderan as idades dos animais.
Os vellos din que o corvo morre de vello porque se lle desfai o pico, e entón morre desdentado de fame, senón aínda viviría mais. Non sabemos que opinaran disto os da Corveira, alí nós sementamos parte do millo para ensilar, pero fai mais derramo o xabaril que o corvo. Tamén andamos en Nodar, que seica é máis húmido que a Corveira. A Corveira e Nodar son lugares da Aguada, concello de Carballedo. |
||
| 27 de ABRIL. Fermosa paisaxe a da Ferrería do Incio. Aquí remataba os seus paseos o noso Tío. | ||
| 26 de ABRIL. Con estes días de primavera andamos a preparar a terra para sementar as patacas e mais o millo. As xovencas que andan a pacer parece non preocuparlles moito todos estes labores |
||
19 de ABRIL: + Anxo González González, Presidente Honorario. Querido tío: sempre vivirás connosco porque non te esqueceremos nunca. |
||
| 17 de ABRIL. Pariu a porca e "trouxo pa si" | ||
| 16 de ABRIL. O licor café da Mamacarmen | ||
| 13 de ABRIL. O taller do artista | ||
| 6 de ABRIL. Ai, o prezo do leite, ai o prezo do leite...! | ||
| 5 de ABRIL. Feliz aniversario, Carme. | ||
| 1 de ABRIL Estatísticas da produción | ||
30 de MARZO. O Sr. Delegado Provincial da Consellaría de Medio Rural visitou Os Parentes. La Voz de Galicia: Además, visitó una sociedad anónima de transformación en Cartelos, cuyos propietarios le transmitieron las dificultades con las que se encuentran los ganaderos jóvenes. |
||
23 de MARZO. As filloas de costro. A Marta sempre se encarga de recoller o costro e a Pilar da Casa de Baixo aprovéitao e fai unhas filloas riquísimas. O costro é a primeira secreción das glándulas mamarias que se produce durante os días posteriores ao parto. Ten unha composición intermedia entre o leite e o soro sanguíneo. Caracterízase por ser moi denso, viscoso, amarelento, rico en proteínas... (tirado da excelente Enciclopedia Galega Universal Ir Indo) |
||
| 22 de MARZO. Hoxe naceu unha nova becerriña. É moi feita e a Marta cóidaa moi ben |
||
| 20 de MARZO. Chove sobre mollado | ||
| 14 de MARZO. O noso presidente honorario xa está na casa, pode estar tranquila a xente do Incio. | ||
12 de MARZO. A boa: algo debeu chover que en Penaxubeira (no Incio) xa deita unha fonte que levaba 5 anos seca. |
||
| 1 de MARZO. Por fin o noso presidente puido visitar Chinchón |
||
| 23 de FEBREIRO. Chega o entroido, tempo de fartura. | ||
| 18 de FEBREIRO. Por fin chove, e chove ben. Unha riqueza para os nosos eidos | ||
| 14 de FEBREIRO. Andamos abonando con XURRO, nas fincas que terÍan que dar herba para ensilar, abonamos a razón de 40.000 litros por ha | ||
| 10 de FEBREIRO. Moitas grazas, Rosario Sánchez-Gabriel, polo teu traballo! | ||
| 5 de FEBREIRO. A que é bonito o gato da Marta? Estes carrabouxos son dunha carballiza dos Salgueiriños. | ||
| 3 de FEBREIRO. Polo san Brais unha páxina máis. Hoxe comezamos coa versión en inglés desa páxina | ||
| 2 de FEBREIRO. 25 anos de feliz matrimonio levan a Marta e o Xosé. Parabéns moitos. | ||
1 de FEBREIRO. Isto lemos en Vieiros: A INTERLOCUCIÓN DE MEDIO RURAL E A PRESIÓN SINDICAL DESBLOQUEAN DE MOMENTO A SITUACIÓN DO SECTOR LÁCTEO GALEGO:
As industrias manteñen o prezo do leite e negociarán cos sindicatos |
||
| 31 de XANEIRO. Onte tivemos novo récord de visitas na web, son 34. Para as nosas esixencias xa é bastante. Axudaranlles ás vacas a daren máis leite? | ||
28 de XANEIRO. Hoxe neva e que ben neva. Chámanlle o "esterco dos pobres", será por que chega a todos por igual, e como mata algúns vermes da terra, deixan de comer e eles mesmos fan esterco. No Arransallo houbo moita conxelación, mais fomos arreglando; á tarde foi o camión do leite, e a mesutra fíxose por que ao durmir alí o carro, así non ten problema de desprazamento. |
||
| 25 de XANEIRO. El que será un rillote? | ||
21 de XANEIRO. Feira en Chantada e véspera do San Vicente. Ademais do de todos os días hai outras tarefas nos Parentes. Andamos a cortar leña para o inverno que vén, tamén empezamos a facer "limpeza" de prados, uns pácense, outros danse a pacer; a finalidade é que estean en marcha para estercar, para logo recoller unha boa colleita na primavera de silo de herba |
||
| 16 de XANEIRO. Entrando co tractor en Trasar de Carballo vimos isto |
||
| 10 de XANEIRO. Sen comentarios |
||
| 9 de XANEIRO. Os Reis non nos trouxeron a suba do leite. Haberá que tomalo con filosofía e ir picando un chourizo (preparado pola Marta asado nunha verza, que o papel de aluminio deixa residuos) e botarlle un grolo de viño ... na adega do Xosé |
||
2 de XANEIRO. Rematou o ano pero a nosa campaña, a do leite, acaba o 31 de marzo. Aínda así, andamos a facer contas e vemos que tivemos un mes de vacacións, se non traballásemos en cooperativa isto non sería posible. |
||
30 de DECEMBRO. Tamén o noso presidente de honor se decidiu a navegar pola rede. Mais a modernidade tarda en chegar a esta terra, no Incio as compañias non lle ofertan aínda o ADSL |
||
| 28 de DECEMBRO. Unha vaca trouxo 5 crías, un é macho e xa fai cría, quen os criará? A Marta non terá costre para tantos |
||
| 22 de DECEMBRO. Pois non somos millonarios e iso que confiabamos na lotería, mais o importante é ter salú. | ||
8 de DECEMBRO. Pois si, os da Marta xa caeron, dous marraos e unha porca |
||
4 de DECEMBRO. Empezamos as faenas das matanzas. Primeiro será a Marta, logo a Tita, despois o Pepe e rematará o Xan. Como traballamos en sociedade poderemos tomarnos cada un unha semaniña de vacacións polas festas. Anxel Fole: Xa se sabe coma son ises xantares da mata. Empezan ás doce, poño por caso, e rematan ás cinco. O fígado asado con aceite e pimento, os roxós i o raxo. Viño, nunca falta. Tempo de fartura. |
||
29 de NOVEMBRO. As cousas xa podían ir mellor. Non hai máis que ver a prensa de hoxe el litro de leche se sitúa ahora en 0,29 euros, el más bajo de los últimos 16 años. E por se non chegaba La industria bajará de nuevo el precio de la leche en origen en el 2006... Los gallegos son los que venden la marteria prima más barata...(La voz de Galicia). Xa se ve que para nós os grandes problemas non son o Estatuto de Cataluña, a LOE ou os matrimonios gays. |
||
| 24 de NOVEMBRO. Ao tratarmos con vacas temos que ser un pouco filósofos |
||
22 de NOVEMBRO. Hoxe viñeron as "controladoras", son unhas mozas (moi feitas e agradables, por certo) de AFRICOR (o noso presidente Xan é Vocal de dita entidade). Veñen unha vez ao mes e fan o control de produción (litros de leite por vaca), celulas sómaticas (mamite), salificación (danlle unha puntuación), etc. Parte dos resultados do seu traballo pódense ver despois de 3 ou 4 días na páxina de CONTROL LEITEIRO (www.Xunta.es/coleite/consultas.htm). Hai que meter un código para entrar pois son datos confidenciais, para nós importantes pois se temos algunha mamite que non sabiamos xa empezamoss a tratala no momento grazas aos resultados das análises que aparecen nesta paxina.
Ah, o Sr. presidente tamén anda a facer un cursiño. |
||
| 20 de NOVEMBRO. Xa probamos o viño do Xan. Di o José Manuel que arde nun candil, este ano está moi bo o viño de Carcacía. E reza moi ben (boa escuma que desaparece pronto) como ben dixo o Sr. Cura do Incio. Á Marta tamén lle saíu ben o branco segundo as receitas tradicionais da casa do Gil. Alá pola Inmaculada convida a probalo acompañado dun anaco de paxarela ou de freba. |
||
17 de NOVEMBRO. Amigos: xa nos poden mandar arquivos ben pesados, desde hoxe temos ADSL, xa estamos no mundo mundial. Por certo, os que foron ao cursiño a Chantada seica aprobaron, son moi aplicados. |
||
16 de NOVEMBRO. Hoxe o José Manuel foi a Lugo, asistiu a unhas cantas ponencias sobre o día mundial do SIX na escola Politécnica Superior, sobre todo tratábase do SITGA. |
||
| 15 de NOVEMBRO. Xa nos fai falta cabeciña para gobernarmos tantos eidos |
||
| 11 de NOVEMBRO: San Martiño. A partir de hoxe xa podemos matar o noso porquiño e probar o noso viño | ||
27 de OUTUBRO. Non hai máis remedio que poñerse ao día, O Secretario e o Informático están a facer un curso de "Aplicador de produtos fitosanitarios" con clases teóricas e prácticas en Chantada e exame en Monforte. Xa aprenderon que seica hai 100 clases de pestes nas cepas |
||
27 de OUTUBRO. A ESFOLLA. Aquelas esfollas de antes: rapaces buscando espigas raíñas, contos, chistes, alegría!!! Empezamos a esfollar o millo que recollemos antes de que chovese e agora toca esfolla, menos mal que nos axudan o socios de honra de Trasar, teñen moito xeito e experiencia. Velaquí andamos |
||
| 24 de OUTUBRO. Andamos a recoller no millo para o hórreo, tamen rematamos de sementar a herba, hoxe o tempo deunos algo de tregua; de todos os xeitos a auga "fai moito millo e fabas". DEIXALA CAER!!! | ||
18 de OUTUBRO (San Lucas) .O hórreo do Xan |
||
| 15 de OUTUBRO. Temos unha nova veciña, a Sara. Parabéns para a familia Viorteiro. | ||
| 11 de OUTUBRO. Hoxe chove. Estaba todo seco como a isca por iso estamos de noraboa. Xa rematamos de recoller os froitos do ano, só faltan algunhas castañas para consumo propio. Os silos están cheos e chove. Podemos dar por retamatada a tempada e comezamos o longo? inverno. | ||