| 8 de OUTUBRO. Hoxe estamos de noraboa. Chegamos ás mil visitas na páxina. Non está mal para unha empresa chiquita como a nosa |
7 de OUTUBRO. Estes días que andamos coa ensila
|
5 de OUTUBRO. Alá vai boa parte da colleita. Rematamos a ensila, segundo o Secretario foron unhas 130 viaxes como esta , uns 1.200.000 kg |
| 3 de OUTUBRO. O tempo segue bo e toca ensilar o millo, o Euroestar e o Carolus. O presidente xa analizou o mosto e tamén dá ben |
1 de OUTUBRO. Hoxe fomos Parentes e familia axudarlle a vendimar ao noso Presidente. Botamos o día na fermosa ribeira de Oleiros, probamos a rica lacoeira que prepara a Srª. Pilar e rimos cos contos do Viorteiro e as anécdotas do cura do Incio. Unha boa colleita que dará un bo viño
José Manuel xa analizou o seu e dálle ben. A Marta fixo un pipotiño de branco de acordo coa receita dos seus avós do Gil, seica convida a probalo cando estea feito |
27 de SETEMBRO. Estes días andamos a encalar para sementar a herba.
Un consello. O día 3 por mor do eclipse ou non funcionan os péndulos ou dan erro. |
| 15 de SETEMBRO. Hoxe arracamos as patacas para autoconsumo. A colleita foi boa, tres remolques e as grandes na cima, como ten que ser. Foi un día de pica boi. |
7 de SETEMBRO. Imos no tractor dun eido ao outro e ás veces topamos cousas curiosas  |
4 de SETEMBRO. No Arransallo imos mirar de renovar algunhas fincas (a herba), ao tempo que miraremos de ensilar algún millo coma se fose unha especie de avanzadiña (para consumir mentres fermenta a colleita normal). Son problemas de espazo e esperamos moita colleita. Desde que se ensila temos que esperar un mes para consumilo, é o que tarda en estabilizarse despois da fermentación.
Ah, as vacacións alá van... pero démonos un respiro xeitosiño... |
| 23 de AGOSTO. Seguimos de vacacións, agora os do segundo turno |
6 de AGOSTO. Hoxe empezamos os turnos de vacacións. Tocamos a 13 días... haberá que aproveitalos
|
26 de XULLO. Andamos a loitar coas labazas.
|
13 de XULLO: andamos a segar na herba e temos unhas boas compañeiras, as garzas. Onte nun prado de Lobelle andaba media ducia delas acompañando o tractor |
8 de XULLO: rematamos a 2ª ensila, superou un pouco as nosas espectativas (boa colleita); agora pegaremos coa herba seca, logo se todo marcha ben VACACIÓNS
|
XUÑO 2005 (polo San Pedro). Xuntamonos nun xantar de traballo cos nosos amigos da SAT SABADELLE de Chantada para compartirmos experiencias e pasar unha miga en agradábel conversa

|
XUÑO 2005: temos que ir preparando a segunda ensila e mirar de conseguir herba seca |
24 de XUÑO: FELICIDADES PRESIDENTE !!! (e tamén a HELENA) |
XUÑO 2005: Collemos unha semaniña de vacacións, que ben a merecemos

|
XUÑO 2005: coas ecografías podemos ver a saúde dos nosos animais

|
Nos últimos de maio tamén temos que botar o millo para recoller no outono. Faremos como ano pasado, sementaremos o carolus que nos deu moi bo resultado31-5-05)
|
maio-2005:
Nós quedamos cansos de tanta ensila e tamén o parecían as vacas secas mentres pacían no Muíño do Pataqueiro
|
 |
Mentres as vacas descansaban, nós celebramos na feira de Castro o 29 de maio o final da ensila:
|
|