Os Parentes Sociedade Cooperativa Galega


Consellos do zahorí JM (Os Parentes SCG) para os traballos do campo tendo en conta as fases da lúa.
Poden facerlles ou non caso, alá vostedes, pero pensen que as mareas si lles fan caso.


LÚA VELLA: Lúa chea e cuarto minguante
LÚA NOVA: Lúa nova e cuarto crecente


PATACAS: todos os labores en cuarto minguante
COLES: sementar e transplantar na lúa vella
LEITUGAS: sementar e transplantar na lúa vella
FABAS: sementar na chea, recoller na vella. Non se poden sementar na semana da Ascensión, porque saen sen cabeza (Fonte: Marta do Gil)
TOMATES: sementar e transplantar en cuarto crecente
CENOIRAS: sementar na chea, recoller na vella
FEIXÓNS (xudías): sementar na chea
CEBOLAS: sementar en cuarto crecente, recoller en minguante
ALLOS: sementar na minguante de xaneiro. Lúa nova para que se desenvolvan os cativos
FRUTAIS. Poda: *lúa vella para que entren en produción. Poda normal: en minguante. Labores do terreo na lúa vella.
VIÑA. Vendima en minguante. Trasfegas en minguante. Plantar en crecente. Púas para enxertar, dous días despois da lúa chea.
LEÑA:  córtase na lúa chea (Fonte: Calimero)
ROSEIRAS: poda na minguante de xaneiro (Fonte: Cura do Incio)
MILLO: seméntase na lúa nova porque medra máis (Fonte: Antonio do Anxel)
TOXOS: rózanse na forza da lúa nova (Fonte: Camila do Barrio)

Cortar o pelo: na chea (Fonte: Camen de Baixo)

Consultar as fases da lúa e as mareas:

fases lúa