EXPLICACIÓN DA ECONOMÍA SEGUNDO AS VACAS

Socialismo:
Ti tes 2 vacas.
O estado obrígate a darlle 1 ao teu veciño.

Comunismo:
Ti tes 2 vacas.
O estado quítachas e DÁCHE algo de leite.

Fascismo:
Ti tes 2 vacas.
O estado quítachas e VÉNDECHE algo de leite.

Nazismo:
Ti tes 2 vacas.
O estado quítachas e dispárache na cabeza.

Burocratismo:
Ti tes 2 vacas.
O estado pérdeche unha, mungue a outra e logo tira o leite ao chan.

Capitalismo tradicional
Ti tes 2 vacas.
Vendes unha e cómpraste un touro.
Feixes máis vacas.
Vendes as vacas e gañas diñeiro.

Capitalismo moderno:
Ti tes 2 vacas.
Vendes 3 das túas vacas á túa empresa que cotiza en bolsa mediante letras de crédito abertas polo teu cuñado no banco. Logo executas un intercambio de participación de débeda cunha oferta xeral asociada co que xa tes as 4 vacas de volta, con exención de impostos por 5 vacas. O leite que dan as túas 6 vacas é transferido mediante intermediario a unha empresa con sede nas Illas Cayman que volve vender os dereitos das 7 vacas á túa compañía. O informe anual afirma que ti tes 8 vacas con opción a unha máis. Colles as túas 9 vacas e córtalas en anaquiños. Logo vendeslle  á xente as túas 10 vacas troceadas. Curiosamente durante todo o proceso ninguén parece darse conta de que, en realidade, ti só tes 2 vacas.

Economía xaponesa:
Ti tes 2 vacas.
Redeseñas a escala 1:10 e que che produzan o dobre de leite.
Pero non te fas rico.
Logo rodas todo o proceso en debuxos animados. Chámasllles ?Vakimon?
e incomprensiblemente, faste millonario.

Economía alemá:
Ti tes 2 vacas.
Mediante un proceso de reenxeñaría consegues que vivan 100 anos, coman unha vez ao mes e se muxan soas.
Ninguén cre que teña ningún mérito.

Economía rusa:
Ti tes 2 vacas.
Contas e tes 5 vacas.
Volves contar e sáenche 257 vacas
Volves contar e sáenche 3 vacas..
Deixas de contar vacas e abres outra botella de vodka.

Economía chinesa:
Ti tes 2 vacas.
Tes a 300 tíos muxíndoas.
Explicas ao mundo o teu incrible cociente de produtividade leiteira.
Disparas a un xornalista que se dispón a contar a verdade.

Economía iraquí:
Ti non tes vacas.
Ninguén cre que non teñas vacas, bombardéante e invádenche o país.
Ti segues sen ter vacas.

Economía suíza:
Hai 5000000000 vacas
É obvio que teñen dono pero ninguén parece saber quen é.

Economía francesa:
Ti tes 2 vacas.
Entón decláraste en folga, organizas unha revolta violenta e cortas todas as
estradas do país, porque ti o que queres son 3 vacas.

Economía neozelandesa:
Ti tes 2 vacas.
A da esquerda paréceche cada día máis atractiva.

Economía española:
Ti tes 2 vacas, pero non tes nin idea de onde están.
Pero como xa é venres, baixas almorzar ao bar que teñen o Marca.
Se acaso, xa te porás a buscalas o mércores despois da ponte de San Aniceto.