Os Parentes Sociedade Cooperativa Galega (English)
HISTORIAL DE NOVAS NOS PARENTES
ata 2010
28 de decembro de 2009: bailaron os Parentes o día das peghotas... e deron paso ao blog
|
23 de decembro: Os Parentes desexamoslles aos nosos visitantes web unhas boas festas. Esquezan os problemas e boten man do humor e da retranca, coma os desta revista pontevedresa
|||
22 de decembro: o caso é ter saúde... porque a calotería non tocou outra vez... e sobre o traballo xa se ve o que di o Carrabouxo | |||
20 de decembro: un amigo mándanos esta foto. Igual tamén os gandeiros debiamos facer campañas destas e regalar 1 litro de leite con outros produtos de primeira necesidade | |||
19 de decembro: a nosa Helena foi patinar á Coruña | |||
18 de decembro: Seguimos a loitar pola defensa do sector, desta vez en Santiago | |||
14 de decembro: Estes fermosos kiwis son colleitados nas terras dos Parentes, a colleiteira quixo facer a inicial do seu nome con eles. | |||
12 de decembro: Labores de mantemento de praderías, despois de tanta choiva temos que limpar os regos | |||
9 de decembro: curiosa pataca do ano pasado. Quedou encima dunha pedra no pataqueiro en Vilaguillulfe e púxose dese xeito. Di a Tita que en Vilaguillulfe as patacas danse inda que sexa encima das pedras | |||
6 de decembro de 2009. Nesta ponte moitos fixemos a matanza, os Parentes tamén probamos algo, a freba moi boa, o pan de Cea do forno do Eliseo, riquísimo tamén. | |||
3 de decembro: a campaña de saneamento saíu BEN, agora andamos coa revisión de maquinaria. | |||
30 de novembro: Estamos coa Campaña de Saneamento, este ano é a primeira vez que se fai na nova nave, agora xa chea de gando | |||
25 de novembro: Equivalencias da nosa avoa Mamacarmen, que aínda pensaba en cuartillos (equivalencias das medidas e pesos no noso concello de Carballedo)
|
|||
22 de novembro: Fomos a Madrid, non sacamos moito en limpo pero alá fomos. |
|||
21 de novembro: E el saberán que paxaro é este que canta? (escoitar) (solución) |
|||
20 de novembro: Mobilizacións , o venres en Lugo, o sábado en Madrid, queremos cambiar a política agraria. Non é fácil.
Mentres imos preparando as matanzas (figadeiras), a máquina de encher os chourizos agarda polo labor |
|||
16 de novembro: Estes días chove despois de chover. Di o Manolo do Tío Bernardo (felizmente recuperado da súa operación) que cando el era rapaz tamén chovía moito, botaba igual dous meses chovendo; o río de Viana botaba por fóra e cando ían á escola vían os prados cheos de auga. Ata unha vez o Cándido do Pelcho e o noso Curmán Maior non puideron cruzar o río cara Vilaguillufe e tiveron que quedar en Esmoriz. Tempos aqueles...! |
|||
15 de novembro: Este Sr. Oca deunos moitos e sabios consellos cando andabamos a pensar en montar Os Parentes. Hoxe vimos na internet un artigo seu moi interesante para defender as nosas explotacións gandeiras | |||
14 de novembro: Sindo | |||
12 de novembro: Moitas grazas a todos os que viron o erro do outro día. Non era a Amanita faloides, era a Muscaria. Como moi ben nos di Angel Castro, a faloides é mortal e a muscaria só tóxica. Grazas tamén ao veterinario Jaime a ao Curmán Maior. Nótase que non somos especialistas no asunto. Perdoen polo erro. | |||
8 de novembro: Así de fresca estaba hoxe esta rosa na Mariña. A roseira foi criada no Incio polo noso tío empadescanse. El mandou un gromo para a Beiramar e alá medrou esta flor. Tan fresca como a flor está a nosa memoria del. | |||
6 de novembro: Andamos a coller reservas de leña para o inverno, este ano parece que non imos pasar frío. Parte de culpa ten a Autovía que vai ocupar 1/3 da finca do Tío Manolo na que medraba a leña. | |||
1 de novembro: Hoxe día dos magostos, tempo propio da castañeira, choiva e vento, só se fai levadeiro se esáas con castañas e viño novo a carón da lareira | |||
30 de outubro: obras na Casa de Baixo | |||
27 de outubro: no Outono dá gusto andar polos eidos, castañas, noces, mazás, zarrotes... claro que temos que ter coidado, bonitos si que son, pero non é recomendable recollelos e menos consumilos sen coñecelos: Amanita Faloides | |||
25 de outubro: Nós non participamos, pero como non podía ser doutro xeito, pasamos presenciar as poxas e ver a exposición de maquinaria, así como a interesarnos polo xeito de presentar os distintos produtos do campo que alí se expoñían, (queixo, castañas, mel, setas, noces, etc.). Inda que o principal era o Gando, podíaste informar de moitos temas relacionados co sector, mesmo de novos xeitos de aproveitamento de enerxías | |||
20 de outubro: o noso irmán/curmán Sindo premiado!!! Ben que o merece!!! Pódese ver a noticia completa |
|||
19 de outubro: un remolque cheo de cabazas ... como se vai poñer a ceba deste ano! Co que lles gustan e as sementes non deixan unha! | |||
18 de outubro: Día de San Lucas e grande, grandísima manifestación en Santiago. Outra vez a manifestarse por algo noso, uns días polo leite, outras pola lingua que falamos. Os Parentes tamén estaban representados... | |||
17 de outubro: Alá vai a maioría da ensina, agora a botar un sorriso co Carrabouxo | |||
15 de outubro: Andamos a ensilar no millo, esta vez podemos dicir que é a forza da ensila, a tandada máis grande de millo que entra este ano. Por outro lado os Técnicos fan unha cata para analizar o millo ensilado hai cerca dun mes. | |||
13 de outubro: Que leite do mercado é o mellor? Vaia pregunta máis difiícil. Desde logo que polo menos o que nós lles mandamos a leite Celta é do mellorciño . | |||
12 de outubro: Día do Pilar. Felicidades!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! | |||
9 de outubro: O facultativo está a operar, e o que ten na man é o unto, ben podía chamárselle saca-untos | |||
7 de outubro: Lido en El Correo Gallego de onte: DOCTORANDA. A veterana Universidade de Santiago de Compostela segue demostrando que o seu zume novo está máis que á altura. Olalla Vázquez é bo exemplo diso. Un dos tres VII Premios de Investigación Lilly para doctorandos de España foi para esta moza, que se forma no Departamento de Química Orgánica, baixo a dirección de José Luis Mascareñas. Olalla estuda versións artificiais en miniatura das proteínas que recoñecen a ADN. Ademais da súa utilidade como modelos simplificados dos sistema naturais, explica a investigadora, as súas moléculas poderían ter tamén potencial terapéutico. Parte dos resultados dos seus traballos xa se publicaron en revistas de prestixio e deron lugar a varias solicitudes de patentes. Que se sumen os nosos parabéns. É por que aparece isto nos Parentes? Pois porque Olalla é a filla da nosa amiga Ólida (daquí ó lado, da Espai) e do Manolo e sempre nos alegramos dos éxitos dos fillos dos nosos amigos. |
|||
4 de outubro: Gran exposición en Ourense de Buciños e alá fomos... Que mellor xeito de anunciar a exposición que pór unha escultura fóra, dentro moito máis. Non puidemos falar co Artista, saíra, moita xente, moitos coñecidos comúns; as esculturas, cada vez máis logradas, Manolo un bon amigo! Un abrazo dos Parentes! | |||
2 de outubro: en rigorosa exclusiva, se pinchan aquí poden escoitar o viño fervendo na Adega do Xosé | |||
39 de setembro: Teñen que gustar os figos para empolingrarse deste xeito para collelos. Estes eran para regalar, case todos foron para Trasar de Carballo. A Figueira plantouna a Veneranda hai moitos anos, contaba que a trouxera de bastón desde Levices e ao chegar á casa espetouna, prendeu, e bos figos que dá! | |||
29 de setembro: San Miguel das uvas, tarde vés e pouco duras. Nós xa temos a vendima feita. Polo día de hoxe cantas veces o Xan de Baixo ía cedo para Buciños reservar a carne ao caldeiro no Cazolo. Logo surtiámoslle o resto da familia e comiamos de campo todos. Que tempos! Pois aproveitamos para saudar a todos os amigos e seguidores da páxina de Buciños que hoxe están de festa. Que lles aproveite! | |||
27 de setembro: Outra colleita máis. Arestora na Adega do Xan de Baixo e na Adega do Xosé xa están empezando a ferver as uvas que onte vendimamos en Carcacía-Oleiros. Boa colleita, só falta ver o que di a analítica. A nova xeración de mocidade comportouse no traballo, pero despois foron polos Parentes e hai que ver o estragadiños que estaban. | |||
24 de setembro: 2ª parte da ensila de millo, as altas temperaturas apuran a recolleita. É curioso, pero tanto sol fastidia un pouco a primeira hora da mañá e a ultima da tarde a visión dos operarios que andan con maquinaria. | |||
19 de setembro: Xa temos o primeiro enxeñeiro na historia da familia, o Rubén, desde onte xa é enxeñeiro químico especialista en taboleiros.... felicitacións... Falando de enxeñeiros contaba o Cesteiro, empadescanse, que unha vez había un rapaz que era ingheniero e estaba un día metido no seu cuarto mira que te mira para o armario e para a porta. Entrou o pai e preguntoulle por que miraba tanto. El dixo que non entendía como un armario tan grande entrara por unha porta tan pequena. Pero home, díxolle o pai, entraría desmontado. Cousas do pavero do Ucha. |
|||
16 de setembro: Este ano moitas e boas patacas, recollémolas antes de chover, limpiñas, agora que se conserven. | |||
14 de setembro: Despois dunha morea de meses tomando o café do mediodía co Ben Falado, hoxe xa quedamos sen escoitar o abur do noso amigo Xesús Ferro. Moito aprendemos nese programa! Foto da visita con nosos padriños | |||
13 de setembro: As altas temperaturas fixeron que se adiante a ensila de millo, polo de agora só fixemos 3 hectáreas. Mentres as maquinas traballan, técnicos de ICOS e de OS PARENTES, planifican e cambian impresións, e ata discuten do futuro do leite e da folga programada para dentro duns días. Claro que todo isto fano á sombra | |||
9 de setembro: San Peguerto... como agora os mozos non van ao servicio igual hai menos devotos... o santo non ten culpa... O Carrabouxo coma sempre... |
|||
8 de setembro: no Faro: moita xente, moita calor e moita devoción á Virxe | |||
7 de setembro: Onte houbo no Incio a Feira do Pan e, claro, quen foi non puido menos que facerlle unha visita ao santo protector dos Parentes E falando de santos avogosos, seguro que as Virxes de Fátima, Lourdes, Guadalupe... son todas especialistas en milagres difíciles pero aquí entre nós non hai como a Virxe do Faro, especialista en todo tipo de achaques e necesidades das xentes da contorna, é unha Virxe de confianza. Mañá é o día do Faro, festivo en Chantada. Por iso o noso presidente anda por aí dando unha volta coa señora... que lles aproveiten as vacacións... |
|||
5 de setembro: arte nas nosas paredes... Interesad@s en saberen o significado manden email... | |||
2 de setembro: a familia do Rodrigo visitando a Vitoria en Bueu | |||
28 de agosto: Para rematar a campaña da herba deste ano, só outra foto de algo que atopamos na nosa andaina por fincas e leiras da redondeza. Esta foi feita en Lobelle de Abaixo, a carón da reitoral | |||
27 de agosto: becerro alimentándose | |||
23 de agosto: Outra cousa que atopamos na nosa andaina de recolleita de herba seca foi esta plantación de xirasoles, nas Casas, camiño de Sillán Por encargo de Medio Rural, a productora Con 5 Sentidos pasou por Os Parentes a gravar o ordeño e recollida de leite da explotación. Ao Final tamén quixemos que quedara constancia da súa visita e amablemente se deixaron retratar, vemos o cámara, o axudante Adrián, e a Directora de producción. |
|||
22 de agosto: seica o can é o mellor amigo do home, tamén din que é o mellor animal de compañía: o noso Lucas é un bo amigo | |||
19 de agosto: Contaba o domingo no diario o escritor Luís González Tosar dun vello que estaba arando cunha xugada de bois e di: "o petrucio mandou parar a xugada de bois, xoooo!". Pois será na súa terra, que eiquí para que pare a xugada diciamos "oouuuáaah", para as caballerías si se dicía xooo! | |||
17 de agosto: Comen todas con apetito. Grazas o carro saiu ben a foto. Escaleira de caracol que atopamos debaixo dun carballo cando andabamos a segar na herba. |
|||
16 de agosto: xa andamos na primeira tanda das minivacacións | |||
13 de agosto: Na parroquia da Cervela, concello do Incio (Lugo) no que chaman o cabildo (adro) da igrexa está colgado este aparello. Chámase escano e servía para levar os cadáveres da parroquia ata a igrexa e cemiterio. Ten unhas bisagras para abrir de lado as baldeiras, colocar o morto e logo subilas, e uns pés para pousar. Collían dous homes por diante e dous por detrás e levaban con comodidade o cadáver polas congostras da parroquia. Tamén servía para levar doentes. A señora Mercedes da Eirexe contou todo isto pero ela nos seus oitenta anos xa non lembra que o utilizasen nunca. É o que lle contaban. Tamén di que pasou moita xente por alí e moitos arquitectos e todos dixeron que nunca viran tal nunha igrexa. Este cabildo ou adro cuberto está diante da igrexa separado por uns poucos metros. A Sra. Mercedes dixo que hai anos estaba unido á igrexa pero un cura decidiu tirar uns poucos metros para que se puidese ver a fronte da igrexa e non se estragase tanto. E xa por aquí vexan o millo entre lusco e fusco.... |
|||
7 de agosto: hoxe volve saír o nome de Cartelos en varios diarios pola custión esa da festa da JUVENTÜ. | |||
2 de agosto: Como o tempo esta revolto aproveitamos para facer unha pequena excursión, fomos a Vilar De Monte, parroquia da Aguada. De camiño visitamos as fincas de millo que temos na Corveira, e despois acercámonos a Vilar do Monte onde vimos o pé dun cabaceiro, tipo de hórreo pouco común pola nosa zona, fixámonos no detalle do furado que ten a pedra ovalado, e entendemos que poida ser pa que non xire o pao que forma a estructura do cabaceiro. 3 metros xustos e o que mide o millo no Recobio, está barbando, está guapo de verdade, claro que temos que esperar a recolleita pa saber o resultado, pero por agora PROMETE |
|||
30 de xullo. Hoxe anda a nosa parroquia de Cartelos na televisión e mesmo sae o noso presidente honorario Manolo do Tío Bernardo. Poden velo na TVG, minuto 36:40 |
|||
29 de xullo: Non paramos, case se pode decir que metemos a herba "aos escampados". O tempo non axuda pero nos insistimos | |||
24 de xullo. Inda faltan algunhos detalles para rematar a obra, pero o Tanque de Lobelle xa está cheo. Utilizámolo nós para cargar auga para beberen as vacas que pacen cando non teñen auga na finca, tamén o utilizan as brigadas de incendios e moitos veciños cando lles cómpresitan. Recolle auga de varios mananciais, un deles o da famosa Fonte do Recobio que está a poucos metros antes do tanque. | |||
20 de xullo. Andamos na seca, apurando a recoller a segada antes de que chova outra vez. | |||
19 de xullo. Parece que algo está a moverse no tema do leite, por agora seguimos á espera de resultados, fomos á Coruña, Madrid, Santiago, Chantada, antonte a Lugo, e seguiremos loitando para saír a diante facendo o que sabemos, nos gusta, e que tanto levamos traballado e invertido. Temos que botar man da vocación, dos aforros, e da gana de superarse para aguantar no sector. Veremos que noticias temos para a seguinte semana, mentres a seguir loitando, á nosa maneira, producindo con sentido e calidade | |||
17 de xullo: Parece que despois de moito tempo chega unha noticia que non vai en contra do leite. Seica hai acordo para poñer un prezo de referencia no leite, os 31 céntimos. Non é moito, nin se parece ao nos cumpría para traballar con garantías. Pero é máis do que temos. Onte volveron Os Parentes protagonizar o programa Ben falado (repetición). O luns saíu a Pilar de Baixo... Tamén onte foi o día do Carmen que os mariñeiros celebran con tanto cariño. Os Parentes saudamos pola patroa a todos os mariñeiros que visiten a páxina. E que lles paguen o peixe mellor ca a nós o leite! |
|||
14 de xullo de 2009. Estamos a reformar o tanque de Lobelle xa que ultimamente tiña perdas de auga. Anulamos o famoso "caneiro mandadeiro" caneiro que no seu día foi algo case que misterioso pois tiña un mecanismo interno que facía que ao estar cheo se abrira automaticamente e logo se cerraba ata que se enchía outra vez. Agora foi cambiado por unha simple chave de paso | |||
9 de xullo de 2009. Empeza a entrar herba seca, polo de agora con pouca intensidade xa que o tempo non axuda. Esta primeira traémola "solta" para facilitarlle o traballo ao carro mesturador á hora de facer a ración | |||
7 de xullo de 2009. As viaxeiras de Fátima seguen mandándonos instantáneas da viaxe. Cada día miramos o tempo na galega, a ver se podemos segar a herba. E despois vén o noso amigo Xesús Ferro, que programa máis bonito o de onte coa carta da señora aquela!!! |
|||
4 de xullo de 2009. A mamá/ tía Pilar e a Mª Carmen foron a Fátima. Seica tamén lle pediron á Virxe que arranxase o problema do leite, que os nosos políticos e empresarios non conseguen nada. Que ben nos viña ese milagre!!!!! | |||
29 de xuño de 2009. Con estes días de choiva o millo empeza a pórse guapo, os dous regos do medio son Valarta, os dos lados Euroestar, pouco se diferencian por agora, temos que esperar a recolleita para ver cal deles dá mellor resultado. Tendo en conta sempre outros datos como abonado, data de sementar, preparación da terra para semente, influencia da climatoloxía durante o crecemento, etc. Polo de agora imos a facer un seguimento de como evolucionan, logo despois da recolleita unhas análises, e con estes datos chegar a unha conclusión. | |||
26de xuño de 2009. A ver se saben cal é o animal que berra (que nos visita ás veces, o moi pícaro e ata unha vez caeu no puzo) | |||
24 de xuño de 2009. A ver se averiguan para que fixemos o aparello que loce a vaca, é de fabricación caseira pero efectivo. En Castro fan sinxelos espantallos para poder probar as cereixas, as merlas non nos deixan nin a proba |
|||
23 de xuño de 2009. Cando mañá saia o sol seica vai bailar. Haberá que velo. O que non sabemos é se o captará a nosa cámara de fotos especialista en vacas. Se sae a foto xa llela poñeremos aos amigos da páxina. Como andamos a gozar duns días de descanso a semana pasada tocoulle ao Presidente que ... vendo mundo quedou encantado co bonita que está a igrexa de Chouzán. Só lle sobrarn eses carteliños da obra, non cren vostedes que o que hai que ver é a igrexa e non o cartel? 22 de xuño de 2009. Carril-tractor: o tractor ocupa un anaco de pista pero ao mesmo tempo cerra parte do carril e dá de beber ás vacas, está fóra porque a finca non é grande e tasáronlles pouco ás vacas de xeito que dentro ocuparía moito. |
|||
15 de xuño de 2009. Tractorada en Chantada, saímos da Barrela e en Chantada xuntámonos co resto da comarca. Como inda non solucionamos nada quedamos citados para a próxima mobilización. | |||
12 de xuño de 2009. Curiosa foto da fonte da cerrada da Regaña, esa que seica tiña algo de medicinal, seica a nosa bistía Vicente facía o recado de botar algo de xofre? por alí para que se vira. Se queredes saber máis preguntar ao Tío Manuel. A foto é curiosa polo efecto que fixo o flas sobre os fentos que recibían algo de sol cerca da noite. |
|||
11 de xuño de 2009. Con tanta choiva as patacas medran pouco, pero como dicimos nós, teñen bos principios | |||
5 de xuño de 2009. Pois o curmán maior andou a traballar para a xuntanza deste ano e parece ser que é mellor que sexa o 15 de agosto | |||
4 de xuño de 2009. Rematada a ensila e sementado o millo estamos a programar uns días de vacacións para repoñer forzas e logo empezar a campaña de herba seca. Sempre deixamos servizos mínimos para atender alimentación, munguir e partos como o da foto | |||
31 de maio de 2009. Estamos a cerrar o silo, o Presidente está tan contento por ver chegar un agasallo tan importante como difícil de conseguir nestes tempos. O Eloi vén traernos un tractor de toxos para estrar as becerriñas. Gracias | |||
28 de maio de 2009. Circula cada cousa pola internet!!! Miren senón como se pode aprender economía contando vacas | |||
27 de maio de 2009. Non deixa de entrar herba, o tempo axuda e a colleita que parecía pouca, agora está a ser normal. | |||
25 de maio de 2009. Empezamos a ensilar herba | |||
20 de maio de 2009. Xa fai tempo que quería agradecervos o regalo que nos fixestes, pero paréceme que unha imaxe vale máis que mil palabras: fotos sacadas hoxe do preciosa que temos a horta gracias ó voso esterco e ó noso traballo. O dito, quen ten un amigo ten un tesouro. Moitos saúdos e moitos ánimos nestes tempos de crise do sector (enviado por Pilar) | |||
16 de maio de 2009. Os Parentes tamén estamos nas manifestacións todas, aquí o noso presidente e señora na da Lingua Galega. Logo xantaron o presidente e o Curmán Maior e xa puxeron data para a comida dos curmáns: o 8 de agosto | |||
16 de maio de 2009. Nestes tempos de crise hai que lle pór ganas cada día para botarse ao traballo tal e como anda o asunto do leite. O noso curmán maior Benigno recoméndanos que empecemos o día cunhas sopas secas como as que facía a diario o seu avó do Pelcho (o señor Ánxel facíaas el mesmo): enchía unha cunca con pan centeo cortado coa navalla en rebadas moi delgadas. Chimpáballe auga quente para humedecelo. Unha vez retirada a auga, botáballe enriba dous ovos fritidos así como a graxa de porco na que se fritían. Cando as acababa, deitaba na cunca un vaso de viño. E engade o Benigno: sempre me daba a probar (antes de botarlles o viño) e eu devecía por elas. Andamos a mirar a herba para ensilar e encontramos o toco dun raposo na caracocha dun castiñeiro |
|||
10 de maio de 2009. O Guerra do Barrio de Puga cumpriu a ilusión de seu pai empadescanse: faguerse cunha ribeira. | |||
8 de maio de 2009. Novamente mobilización, hoxe en Chantada, todo o comercio local nos apoiou, estaba cerrada ata a Iglesia. Quedamos citados para o día 26 para facer tractorada se antes non se soluciona nada. Na última foto pódese ver a algún Parente ao remate da manifestación. |
|||
6 de maio de 2009. Hoxe tocou botar as patacas, din que se quedan co grilo para riba que nacen antes pero nós non fomos tan detallistas e quedaron como caeron | |||
4 de maio de 2009. Despois de moito traballo, hoxe entrou gando na nave nova, por agora solo acupamos a zona Sur, despois duns días cando as que entraron hoxe estean adaptadas iremos enchendo o resto da nave. Esta semana empezamos con mobilizacións para defender o sector, a manifestación de Madrid non resolveu nada e o prazo rematou, iremos informando | |||
30 de abril de 2009: http://galicianosolecer.blogspot.com/2008/06/no-paseo-de-ourense-os-libros-segen.html. Aquí pode verse unha reportaxe sobre o carballo de Cartelos. Tamén andaba eu sachando cando me chamaron.... |
|||
28 de abril de 2009. Carrabouxo | |||
24 de abril de 2009. Despois de abonar andamos a arar, o labor da terra por excelencia, nos crucigramas aparece sempre "labrar la tierra" "arar". A finca é na Corveira e nós chamámoslle á parcela "a do rego". Despois da arada queda sementar o millo, inda non temos decidido cal sementaremos este ano, depende un pouco do tempo, se chove e temos que sementar máis tarde iremos a un ciclo curto, se o tempo está seco podemos decidirnos por un ciclo máis longo,... sobre a marcha tomaremos decisións ... | |||
21 de abril de 2009. Ben que mellorou a páxina web do noso Concello Andamos a abonar nas fincas da Corveira, e ocorréuseme preguntar como se chama o penedo, seica se chama " O penedo dos corvos" |
|||
18 de abril de 2009. Para aqueles que lles guste a pintura e naceran coma nós no campo, no medio da ntaureza... recomendamos que pinchen aquí para descargar unha preciosa presentación de diapositivas | |||
17 de abril de 2009. Fomos moitos, chegamos en autobús á Porta de Alcalá, logo fomos diante do Ministerio de Agricultura, entre outros falou o Presidente de ICOS, e logo foron recibidos os nosos representantes por quen representaba a Sr. Ministra pois Ela estaba reunida. En resume, que temos que agardar unhos días para ver se a protesta valeu de algo, e do contrario seguir a loitar . Foto1, foto 2, foto 3. Foto 4 | |||
15 de abril de 2009. Como non podía ser doutro xeito, un propio dende Os Parentes marcha para Madrid manifestarse ante o Ministerio, saída ás 12.30 da noite de Chantada e regreso previsto un día despois. Esperamos que se arranxe algo. | |||
13 de abril de 2009. Andamos a pór as portas, con eso quedará a nave lista para meter o gando | |||
12 de abril de 2009. Páscoas enxoitas nin poucas nin moitas. Pensamos que esta planta é un érbedo (madroño nas Castillas), que o temos visto na ribeira. Un dos visitantes da web dinos que cerca de aquí hai un Erbedeiro, que debe ser sitio con érbedos; en Ourense tamén hai un Erbedelo |
|||
8 de abril de 2009. Mándannos esta foto que non precisa comentario | |||
6 de abril de 2009. Ganadería. Leche Celta da una semana para pagar multas de hasta 7.000 euros por la supertasa de la campaña 95-96.Varios productores lácteos gallegos recibieron comunicaciones de la empresa Leche Celta en las que les reclama el pago de multas por supertasa de la campaña 95-96 y les da siete días de plazo para abonar las cantidades.(ver completo...) Todas veñen contgra nós, aínda imos ter que cambiar de gando e dedicarnos a producir cecina ou andar de procesións (foto Plasencia) |
|||
5 de abril de 2009. Hoxe o Curmán Maior Benigno e o Curmán Anxo mándannos saúdos desde Salamanca. Din que por alí tamén hai moito gando dunha tal lidia, pero que non lles parecen de leite. Tamén nos din que temos qaue lle botar mota ilusión e ter moitos ánimos nestes tempos tan desastrosos para os gandeiros, que o noso gando ben nolo merece. Que bean guiados polo Presidente desta aínda habemos saír. Ah, e tamén pon no correo que de parte da Vitoria e da María moitas felicidades para a Carmen de Baixo polo aniversario e pola futura estadía en Italia |
|||
3 de abril de 2009. Vén aí a Semana Santa. Seica había unha señora en Trasar de Carballo que lle chamaba a semana vellaca, a ver se é certo e temos un tempo ruín, que algo de auga xa non sobraba. | |||
2 de abril de 2009. A NOSA TERRA, 2-3-2009 PROTESTA CONTRA SUPERMERCADOS DÍA
Os gandeiros do leite cortan o acceso a Mercagalicia
Manuel Vilas . Varios centos de gandeiros cortaron esta mañá cunha cadea o acceso á cancela de MercaGalicia, onde está o centro de distribución dos supermercados Día en Santiago de Compostela. Os produtores protestan así contra as marxes comerciais das grandes superficies, un dos factores que está a derrubar os prezos que cobran os gandeiros polo leite. A acción, no medio dunha importante presencia policial, conta co respaldo dos tres sindicatos principais do agro –Sindicato Labrego Galego (próximo ao nacionalismo), Unións Agrarias (próximo ao PSdeG) e Xóvenes Agricultores (próximo ao PPdeG)– e das cooperativas de AGACA. Os gandeiros, que levaban unha pancarta co lema 'Esiximos garantía de recollida e prezo', tamén encheron de carteis a contorna do centro de distribución de Día en Mercagalicia, no Polígono do Tambre. Prosigue así a unidade de acción no agro contra as industrias e as cadeas de distribución. Os gandeiros denuncian que cadeas como Día se aproveitan das importancións masivas de leite foráneo, sobre todo francés. Os sindicatos argumentan que son importacións “ilegais”, pois as industrias mercan o produto por debaixo do prezo mínimo fixado polo sector en Francia. Ao mediodía eran xa unha ducia os camións retidos na entrada de Mercagalicia. Os xestores do recinto solicitaron aos manifestantes que o deixaran pasar, pero estes negáronse. A policía, con dúas grilleiras de axentes antidisturbios, advertiu que comezará a identificar e deter gandeiros nos próximos minutos no caso de non deixar franco o paso. Os representante de SLG, Unións Agrarias e Xóvenes tiñan previsto encadearse á cancela de acceso a Mercagalicia. Todos eles pediron aos consumidores que non merquen marcas brancas e aposten polo leite do país. |
|||
1 de abril 2009. Comezaremos unha nova tempada leiteira , 2009-2010. Que a sorte nos acompañe e as vacas dean moito leite e bo... e nolo paguen a xeito... que a cousa cada vez anda pior... Rematamos o exercicio cuns datos de produción bos, por encima da media da media, nunca antes se producira tanto leite e tan bo, certificado en orixe e con todas as garantías. Tamén nunca tan baixo o prezo, agora ademais temos a inseguridade da recollida, algo está a funcionar mal, nós traballamos con sentido pero os nosos esforzos non son compensados nen economica nen moralmente. Tomamos exemplo da natureza e miramos o piñeiro caído e tratamos de facer o mesmo, inda que caído con vida... e tratando de saír adiante |
Mándanos o teu comentario |
||
26 de setembro: andamos coa ensila do millo, o de Lamatravesa dá xenio velo. Temos que investigar cal é mellor terra, Lamatravesa ou os Currás. | ||
24 de setembro: o que perde unha vaca e encontra un corno, xa non perdeu todo ( hai que pensar que podía ser peor a desgraza, ser positivo) | ||
23 de setembro. Hoxe toca axudarlle á vendima ao Xan en Oleiros, na ribeira do Búbal. A Marta e o Xosé xa trouxeron as uvas da ribeira do Miño, en Coles. Tamén cómpre algo de viño e augardente para o autoconsumo. A ver se o tempo nos axuda. A Sra. Pilar coceu unha locoeira, que lle saen moi ricas. | ||
20 de setembro. Alerta, temporal:
pode facernos moito mal, poden arroiar as terras que andamos sementando de herba, pode "deitar o millo" que aínda non ensilamos. Onte ás 9.30 da noite aínda estabamos no muíño do Pataqueiro botando na herba ... |
||
17 de Setembro. Hoxe é feira en Castro. O señor José da Ribeiriña (quempacestea) sempre ía á feira de Castro. O señor José chamáballes ás patacas: mariñas. Nós acabamos de apañar a colleita deste ano para autoconsumo do patacas ou mariñas. E el por que lles chamaría mariñas? |
||
9 de setembro. Volvemos activar o contador de visitas, a ver se agora non mete páxinas raras, se o volve facer castigámolo de vez: á papeleira de reciclaxe. | ||
3 de setembro. Xa acabaron as quendas de vacacións, alá van, foron ben aproveitadas. Agora cumpría que chovese algo Rematadas as vacacións, empezamos a preparar a terra para sementar herba en algunha finca que se renova nestas datas debido a que en noutras non se podían traballar pola humidade, por exemplo. Agora aramos e estercamos, despois cando chova sementamos. Tamén imos ensilar un pouco millo nalgún eido moi seco, despois tocaralle recoller as patacas de autoconsumo......... |
||
28 de agosto. Andamos nas festas de Chantada. Carmen, a filla do presi, participou no desfile de carrozas | ||
25 de agosto: parte dos Parentes foron comer un rodicio brasileiro moi farto | ||
19 de agosto: Autor da escultura e do texto: Xosé Manuel |
||
15 de agosto. NUNCA MAIS AO LUME!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! |
||
5 de xullo. Hoxe honráronnos coa súa visita Visitaron detidamentes as nosas instalacións do Arransallo e acabaron practicando a arte do péndulo na cantina do Xosé. Graciñas pola súa amabilidade |
||
3 de xullo. Un fungo descoñecido na ribeira de Oleiros ataca as cepas do Sr. Presidente de Os Parentes. Seica fai secar a uva. Haberá que lle botar funxicida. La Voz de Galicia (Ourense): Las altas temperaturas han traído a O Ribeiro una plaga de black rot , también de mildiu y algo de oÍdio. La voz de alarma saltó a finales de la semana pasada y ayer la preocupación era ya patente en la comarca. Una de las zonas más afectadas está siendo Arnoia. Xosé Manuel Vilas, responsable en la comarca del Sindicato Labrego Galego, estuvo recorriendo la comarca para calibrar los daños y tener preparada una evaluación a mediados de esta semana. |
||
26 de XUÑO: xa estamos na lista desta revista onde aparece unha vaca nosa. | ||
25 de XUÑO. Antes tiñamos un vocabulario especial para lles afalar ás vacas do país: Temos que mirar se tamén as entenden as holandesas, as suízas, as canadianas, as francesas... |
||
24 de XUÑO: FELICIDADES PRESIDENTE !!! (e tamén a HELENA)
|
||
17 de xuño. O dos Parentes coas vacas xa empeza a ser preocupante ![]() |
||
9 de xuño. Alguén cre que aínda non chegou a modernidade á nosa terra?, que se dea unha volta por aquí e verá como se fan as cousas á man ![]() |
||
31 de Maio. Xa rematamos de botar o millo, e como tamén fixemos a malla do millo de espiga colleitado o ano pasado, agora vacacións, a semana por cabeza. Velaquí unha unha arca case chea de millo, semente INRA | ||
30 de Maio. Como o leite vale pouco fomos á feira do libro de Ourense vender un e topamos co Carrabouxo |
||
25 de Maio. Grazas ao Sr. Bardelás por nos comunicar que a faba do pan é o altramuz en castelán e lupinus en latín. Na enciclopedia di que en galego tamén se chama chícharo bravo ou chícharo de raposo. E engade que se pode plantar antes do cereal nas rotacións de cultivo para fixar o nitróxeno no chan |
||
19 de Maio. Rematamos a ensila, aínda que non prometía moito recollemos algo máis que o ano anterior, tamén nos axudou que collemos algunhas terras máis en aluguer. Agora temos que preparar a terra para sementar o millo que falta. Polo momento xa imos descansar esta fin de semana da forma acostumada. Se cadra, rematada a bota do millo igual a cousa dá para coller algo de vacacións ..., xa veremos o que alá chegue | ||
14 de Maio. Andamos de ensila, quedaron suspendidos os descansos. Na semana pasada botamos parte do millo, este ano incorporamos unha nova marca TRERMO, ademais do AUROESTAR e o CAROLUS. | ||
9 de MAIO. Nós chamámoslle faba do pan. Alguén lle coñece outro nome? | ||
8 de MAIO. Natureza, ai a natureza! | ||
6 de MAIO. Xente dos Parentes no enterro do seu amigo Orestes en Castro (xunto ao nº 2 do PSOE, Xosé Blanco) ![]() |
||
5 de MAIO. Unha sebe tres anos, un can tres sebes, un cabalo tres cans, un home tres cabalos, un corvo tres homes!!! Iso dicía o Xan de Baixo para que os fillos aprenderan as idades dos animais.
Os vellos din que o corvo morre de vello porque se lle desfai o pico, e entón morre desdentado de fame, senón aínda viviría mais. Non sabemos que opinaran disto os da Corveira, alí nós sementamos parte do millo para ensilar, pero fai mais derramo o xabaril que o corvo. Tamén andamos en Nodar, que seica é máis húmido que a Corveira. A Corveira e Nodar son lugares da Aguada, concello de Carballedo. |
||
27 de ABRIL. Fermosa paisaxe a da Ferrería do Incio. Aquí remataba os seus paseos o noso Tío. | ||
26 de ABRIL. Con estes días de primavera andamos a preparar a terra para sementar as patacas e mais o millo. As xovencas que andan a pacer parece non preocuparlles moito todos estes labores ![]() |
||
19 de ABRIL: + Anxo González González, Presidente Honorario. Querido tío: sempre vivirás connosco porque non te esqueceremos nunca. |
||
17 de ABRIL. Pariu a porca e "trouxo pa si" | ||
16 de ABRIL. O licor café da Mamacarmen | ||
13 de ABRIL. O taller do artista | ||
6 de ABRIL. Ai, o prezo do leite, ai o prezo do leite...! | ||
5 de ABRIL. Feliz aniversario, Carme. | ||
1 de ABRIL Estatísticas da produción | ||
30 de MARZO. O Sr. Delegado Provincial da Consellaría de Medio Rural visitou Os Parentes. La Voz de Galicia: Además, visitó una sociedad anónima de transformación en Cartelos, cuyos propietarios le transmitieron las dificultades con las que se encuentran los ganaderos jóvenes. |
||
23 de MARZO. As filloas de costro. A Marta sempre se encarga de recoller o costro e a Pilar da Casa de Baixo aprovéitao e fai unhas filloas riquísimas. O costro é a primeira secreción das glándulas mamarias que se produce durante os días posteriores ao parto. Ten unha composición intermedia entre o leite e o soro sanguíneo. Caracterízase por ser moi denso, viscoso, amarelento, rico en proteínas... (tirado da excelente Enciclopedia Galega Universal Ir Indo) |
||
22 de MARZO. Hoxe naceu unha nova becerriña. É moi feita e a Marta cóidaa moi ben ![]() |
||
20 de MARZO. Chove sobre mollado | ||
14 de MARZO. O noso presidente honorario xa está na casa, pode estar tranquila a xente do Incio. | ||
12 de MARZO. A boa: algo debeu chover que en Penaxubeira (no Incio) xa deita unha fonte que levaba 5 anos seca. |
||
1 de MARZO. Por fin o noso presidente puido visitar Chinchón ![]() |
||
23 de FEBREIRO. Chega o entroido, tempo de fartura. | ||
18 de FEBREIRO. Por fin chove, e chove ben. Unha riqueza para os nosos eidos | ||
14 de FEBREIRO. Andamos abonando con XURRO, nas fincas que terÍan que dar herba para ensilar, abonamos a razón de 40.000 litros por ha | ||
10 de FEBREIRO. Moitas grazas, Rosario Sánchez-Gabriel, polo teu traballo! | ||
5 de FEBREIRO. A que é bonito o gato da Marta? Estes carrabouxos son dunha carballiza dos Salgueiriños. | ||
3 de FEBREIRO. Polo san Brais unha páxina máis. Hoxe comezamos coa versión en inglés desa páxina | ||
2 de FEBREIRO. 25 anos de feliz matrimonio levan a Marta e o Xosé. Parabéns moitos. | ||
1 de FEBREIRO. Isto lemos en Vieiros: A INTERLOCUCIÓN DE MEDIO RURAL E A PRESIÓN SINDICAL DESBLOQUEAN DE MOMENTO A SITUACIÓN DO SECTOR LÁCTEO GALEGO:
As industrias manteñen o prezo do leite e negociarán cos sindicatos |
||
31 de XANEIRO. Onte tivemos novo récord de visitas na web, son 34. Para as nosas esixencias xa é bastante. Axudaranlles ás vacas a daren máis leite? | ||
28 de XANEIRO. Hoxe neva e que ben neva. Chámanlle o "esterco dos pobres", será por que chega a todos por igual, e como mata algúns vermes da terra, deixan de comer e eles mesmos fan esterco. No Arransallo houbo moita conxelación, mais fomos arreglando; á tarde foi o camión do leite, e a mesutra fíxose por que ao durmir alí o carro, así non ten problema de desprazamento. |
||
25 de XANEIRO. El que será un rillote? | ||
21 de XANEIRO. Feira en Chantada e véspera do San Vicente. Ademais do de todos os días hai outras tarefas nos Parentes. Andamos a cortar leña para o inverno que vén, tamén empezamos a facer "limpeza" de prados, uns pácense, outros danse a pacer; a finalidade é que estean en marcha para estercar, para logo recoller unha boa colleita na primavera de silo de herba |
||
16 de XANEIRO. Entrando co tractor en Trasar de Carballo vimos isto ![]() |
||
10 de XANEIRO. Sen comentarios ![]() |
||
9 de XANEIRO. Os Reis non nos trouxeron a suba do leite. Haberá que tomalo con filosofía e ir picando un chourizo (preparado pola Marta asado nunha verza, que o papel de aluminio deixa residuos) e botarlle un grolo de viño ... na adega do Xosé ![]() |
||
2 de XANEIRO. Rematou o ano pero a nosa campaña, a do leite, acaba o 31 de marzo. Aínda así, andamos a facer contas e vemos que tivemos un mes de vacacións, se non traballásemos en cooperativa isto non sería posible. |
||
30 de DECEMBRO. Tamén o noso presidente de honor se decidiu a navegar pola rede. Mais a modernidade tarda en chegar a esta terra, no Incio as compañias non lle ofertan aínda o ADSL |
||
28 de DECEMBRO. Unha vaca trouxo 5 crías, un é macho e xa fai cría, quen os criará? A Marta non terá costre para tantos ![]() |
||
22 de DECEMBRO. Pois non somos millonarios e iso que confiabamos na lotería, mais o importante é ter salú. | ||
8 de DECEMBRO. Pois si, os da Marta xa caeron, dous marraos e unha porca ![]() ![]() |
||
4 de DECEMBRO. Empezamos as faenas das matanzas. Primeiro será a Marta, logo a Tita, despois o Pepe e rematará o Xan. Como traballamos en sociedade poderemos tomarnos cada un unha semaniña de vacacións polas festas. Anxel Fole: Xa se sabe coma son ises xantares da mata. Empezan ás doce, poño por caso, e rematan ás cinco. O fígado asado con aceite e pimento, os roxós i o raxo. Viño, nunca falta. Tempo de fartura. |
||
29 de NOVEMBRO. As cousas xa podían ir mellor. Non hai máis que ver a prensa de hoxe el litro de leche se sitúa ahora en 0,29 euros, el más bajo de los últimos 16 años. E por se non chegaba La industria bajará de nuevo el precio de la leche en origen en el 2006... Los gallegos son los que venden la marteria prima más barata...(La voz de Galicia). Xa se ve que para nós os grandes problemas non son o Estatuto de Cataluña, a LOE ou os matrimonios gays. |
||
24 de NOVEMBRO. Ao tratarmos con vacas temos que ser un pouco filósofos ![]() |
||
22 de NOVEMBRO. Hoxe viñeron as "controladoras", son unhas mozas (moi feitas e agradables, por certo) de AFRICOR (o noso presidente Xan é Vocal de dita entidade). Veñen unha vez ao mes e fan o control de produción (litros de leite por vaca), celulas sómaticas (mamite), salificación (danlle unha puntuación), etc. Parte dos resultados do seu traballo pódense ver despois de 3 ou 4 días na páxina de CONTROL LEITEIRO (www.Xunta.es/coleite/consultas.htm). Hai que meter un código para entrar pois son datos confidenciais, para nós importantes pois se temos algunha mamite que non sabiamos xa empezamoss a tratala no momento grazas aos resultados das análises que aparecen nesta paxina.
Ah, o Sr. presidente tamén anda a facer un cursiño. |
||
20 de NOVEMBRO. Xa probamos o viño do Xan. Di o José Manuel que arde nun candil, este ano está moi bo o viño de Carcacía. E reza moi ben (boa escuma que desaparece pronto) como ben dixo o Sr. Cura do Incio. Á Marta tamén lle saíu ben o branco segundo as receitas tradicionais da casa do Gil. Alá pola Inmaculada convida a probalo acompañado dun anaco de paxarela ou de freba. |
||
17 de NOVEMBRO. Amigos: xa nos poden mandar arquivos ben pesados, desde hoxe temos ADSL, xa estamos no mundo mundial. Por certo, os que foron ao cursiño a Chantada seica aprobaron, son moi aplicados. |
||
16 de NOVEMBRO. Hoxe o José Manuel foi a Lugo, asistiu a unhas cantas ponencias sobre o día mundial do SIX na escola Politécnica Superior, sobre todo tratábase do SITGA. |
||
15 de NOVEMBRO. Xa nos fai falta cabeciña para gobernarmos tantos eidos ![]() |
||
11 de NOVEMBRO: San Martiño. A partir de hoxe xa podemos matar o noso porquiño e probar o noso viño | ||
27 de OUTUBRO. Non hai máis remedio que poñerse ao día, O Secretario e o Informático están a facer un curso de "Aplicador de produtos fitosanitarios" con clases teóricas e prácticas en Chantada e exame en Monforte. Xa aprenderon que seica hai 100 clases de pestes nas cepas |
||
27 de OUTUBRO. A ESFOLLA. Aquelas esfollas de antes: rapaces buscando espigas raíñas, contos, chistes, alegría!!! Empezamos a esfollar o millo que recollemos antes de que chovese e agora toca esfolla, menos mal que nos axudan o socios de honra de Trasar, teñen moito xeito e experiencia. Velaquí andamos ![]() |
||
24 de OUTUBRO. Andamos a recoller no millo para o hórreo, tamen rematamos de sementar a herba, hoxe o tempo deunos algo de tregua; de todos os xeitos a auga "fai moito millo e fabas". DEIXALA CAER!!! | ||
18 de OUTUBRO (San Lucas) .O hórreo do Xan |
||
15 de OUTUBRO. Temos unha nova veciña, a Sara. Parabéns para a familia Viorteiro. | ||
11 de OUTUBRO. Hoxe chove. Estaba todo seco como a isca por iso estamos de noraboa. Xa rematamos de recoller os froitos do ano, só faltan algunhas castañas para consumo propio. Os silos están cheos e chove. Podemos dar por retamatada a tempada e comezamos o longo? inverno. |
Mándanos o teu comentario |
|||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||
23 de xaneiro de 2007: pois si que chegou e así viron as nosas vacas a neve, e quen máis disfrutou foi a Helena... . | |||||||||||||||||||||||||||||||
22 de xaneiro de 2007: Non imos negar o do cambio climático pero o Paco do Barrio sempre mataba polo san Vicente e case sempre nevaba ou había moita xiada e hoxe é o san Vicente... | |||||||||||||||||||||||||||||||
20 de xaneiro de 2007: din que mañá vai nevar, xa veremos en que dá a cousa... | |||||||||||||||||||||||||||||||
17 de xaneiro. Andan en Madrid facendo os cociñeiros comidas de moita fusión, onde se poña un prato de cachelos con iscos, que se retire o resto! | |||||||||||||||||||||||||||||||
15 de xaneiro. Antes era normal en moitas casas botarlle un tizón ao café, pois a avoa Servanda aínda o segue facendo no Barrio de Pradeda, velaí. | |||||||||||||||||||||||||||||||
14 de xaneiro: nós tamén somos de ICOS e pensamos seguir na cooperativa que nos beneficia a todos | |||||||||||||||||||||||||||||||
laVvoz de Galicia 7-1-07PPÁXINA LABREGAA norma de pneumáticos usados custaralle aos gandeiros 2,5 millónsAs tarifas de recollida oscilan entre 1,98 e 40,14 euros, segundo o tamaño da cuberta A nova regra prohibe almacenar este tipo de residuos en instalacións non autorizadas ( Firma: X.?R. Alvite | Lugar: correspondente | mazaricos) O sector agrogandeiro galego deberá desembolsar máis de 2,5 millóns de euros para adaptarse á nova regulación sobre almacenamento de pneumáticos usados. Éste é, polo menos, o custo aproximado da retirada e destrución do millón e medio de cubertas de roda que se calcula que existen nas explotacións e que se utilizan como contrapeso nos silos de forraxe. |
|||||||||||||||||||||||||||||||
6 de xaneiro: hoxe viñeron os reis e seica deixaron moitas cousas, a nosa lotaría máis ben foi calotaría. Menos mal que nos queda o Carrabouxo. | |||||||||||||||||||||||||||||||
5 de xaneiro 2: Triste día o de hoxe. O Rufo, pasou a mellor vida, non deu apartado á pesada roda do tractor, moitas veces apartou, pero hoxe NON. Era coma da casa, coñecíanos a todos, sempre daba sinal, pero dende hoxe queda a caseta baldeira | |||||||||||||||||||||||||||||||
5 de xaneiro. E que lle pedimos aos Reis...? Se nos trouxeran ... porque miren como se pon a cousa cando chove | |||||||||||||||||||||||||||||||
2 de xaneiro de 2007. Desde que cae a folla vense moi ben os niños: cando non fan falta as cousas e as condicións son axeitadas aparecen facil mente (foto e texto de JM) | |||||||||||||||||||||||||||||||
31 de decembro. Este ano alá vai... Tita, Marta, Alfonso, Pepe, José Manuel e Juan Luís desexamoslles un bo ano 2007 a todos os visitantes da páxina, amigos nosos virtuais |
|||||||||||||||||||||||||||||||
29 de decembro. Pois si, as peghotas son as mentiras típicas do día dos inocentes. | |||||||||||||||||||||||||||||||
28 de decembro. Algún día tiña que pasar... Os Parentes disólvense... a primeiros de ano.. Mañá máis información.... |
|||||||||||||||||||||||||||||||
25 de decembro: Bo Nadal! | |||||||||||||||||||||||||||||||
22 de decembro. Non nos tocou a lotaría, hai que ter saúde. |
|||||||||||||||||||||||||||||||
17 de decembro. Xa se poden ven os novos datos das análises de silos e carro meturador (en sociedade) E onte matou o Xan os porcos. Se quere ver como foi a cousa clique aquí |
|||||||||||||||||||||||||||||||
10 de decembro: por fin xa está o tempo moi frío, de verdade, é mellor para curar a carne de porco ao coidado da Lina, a Marta e a Tita. | |||||||||||||||||||||||||||||||
5 de decembro: e mañá tócalle á Marta e á Tita. | |||||||||||||||||||||||||||||||
2 de decembro. Hoxe empeza a sesión de figadeiras, que é como aquí lle chamamos á matanza do porco. Este ano abre o Pepe a tempada coa Sr. Lina ao mando dos fogóns. Xa nada máis matar hai que papar as carnes mortas e as paxarelas feitas na prancha acompañando o viño novo. O nome de figadeiras vén de que o prato máis querido o primeiro día era o fígado guisado con patacas cocidas... mais ás novas xeracións xa non lles fai moita graza. E á noite as filloas de sangue... e... e... |
|||||||||||||||||||||||||||||||
24 de novembro. E niso andamos... |
|||||||||||||||||||||||||||||||
19 de novembro: a cota do leite. A Comisaria europea dixo o outro día que quería sacar as cotas no 2008, non no 2015 como se pensaba; de ser así pecharían outro 30% das explotacións e o resto perdería todo o que veu investindo en cota durante os últimos 10 anos. Saltou a noticia o luns pasado pero non se soubo máis nada por agora. Nós estamos a traballar para entregar "leite certificado", trátase de facer unhas pequenas reformas e de levar un control máis severo en cuestión de manexo de produtos de limpeza e desinfección, así como control de tratamentos, limpeza, etc. Queremos ser dos primeiros en cumprir os requisitos esixidos pola certificación. En principio dos socios de ICOS, soamente 30 estamos no tema. | |||||||||||||||||||||||||||||||
12 de novembro. Polo S. Martiño mata o teu porquiño. Pois vai ser mellor agardar que o tempo está moi quente e logo a carne non colle o sal e cría vermes. Polo san Martiño proba o teu viño. Iso xa é outro cantar, o viño do Xosé e o do Xan xa servne para probar, seica están ben bos. | |||||||||||||||||||||||||||||||
9 de novembro. Polo S. Martiño o sol dura mentres o zorro salta o camiño (di o Xosé Manuel). Onte estaba un día de primavera, talmente. Por certo,o viño de Oleiros do Xan si que "arde nun candil" as análises definitivas perfectas, un dos mellores anos dende que se analiza ..., imos ter que madrugar para bebelo ( por ser moito e bon) |
|||||||||||||||||||||||||||||||
8 de novembro. A nós pasaríanos o mesmo que á Balbina se non estiveramos asociados nos Parentes, e aínda así non dá para estirarse moito. | |||||||||||||||||||||||||||||||
O mes de novembro, ditoso mes, que entras con todos os Santos e despides con San Andrés (ou algo así di o noso socio de honor Manuel González). A ver logo que tal nos vai a nós este mes. | |||||||||||||||||||||||||||||||
5 de novembro. A cámara de Xosé Manuel retratou no Salcedo (Lobelle) estes zarrotes. Este parécese a "paxillus involutos". E este? Miren que boa cama teñen... | |||||||||||||||||||||||||||||||
4 de novembro. Estamos no tempo dos zarrotes (así lle chamamos en Carballedo aos cogomelos). Seguen a vir os limpa-lacenas. O problema é que algúns non saben distinguir os bos dos maos e logo pasa o que pasa, que se intoxican..., non hai máis que ver a prensa de hoxe | |||||||||||||||||||||||||||||||
31 do outubro:
Onte recollemos o millo de espiga, só falta esfollalo e metelo no hórreo. Con esta recolleita case que damos por terminada a campaña de recolección. Agora estamos a prepararnos para un novo reto......, non podemos abandonarnos, temos que ser punteiros no sector no que traballamos. |
|||||||||||||||||||||||||||||||
29 de outubro. Tampouco no das axudas imos mellor. Vexan a páxina labrega de La Voz de Galicia. Mais queixámonos de vicio, non hai máis que ver a foto do día 16. Se realmente é azafrán xa estamos salvados porque o quilo seica se paga a 6.000 €, o problema é que fan falta polo menos 200.000 plantas para conseguir o quilo. | |||||||||||||||||||||||||||||||
24 de outubro: mal nos vai co prezo do leite. Vexan La Voz de Galicia de hoxe | |||||||||||||||||||||||||||||||
22 de outubro. Estes son os resultados dos test de reprodución. Dª Luísa, a nosa excelente veterinaria, di que estamos por enriba da media.
As estatísticas son de reprodución e veñen a dicir que os inseminadores (Xan e Pepe) son efectivos, aparte da mellora xenética e de que pouco a pouco imos mellorando en calidade de animais, de feito baixamos en cabezas e aumentamos en produción de leite. Melloramos tamén en alimentación, as forraxes que producimos son de mellor calidade, traballiño nos custa renovar as praderías e colleitar millo de calidade..., total que imos TIRANDO e tratamos de mellorar. O gráfico reflexa o nº de inseminacións por vaca, o numero de días entre partos, a cantidade de problemas que xorden, como abortos, etc. |
|||||||||||||||||||||||||||||||
20 de outubro: estamos moi agradecidos a bandeiragalega.com pola defercencia que tiveron connosco, iso de colocarnos despois do Presidente de Galicia e da 1º Selección de fútbol é demasiado honor para nós que non somos máis que unha pequena cooperativa galega. Graciñas e que sigades promocionando o uso da bandeira. | |||||||||||||||||||||||||||||||
18 de outubro: limpa-lacenas, chamámoslle así aos de Ourense que veñen a apañar castañas e cogomelos as fins de semana nos nosos eidos, din que cando marchan as luces do coche aluman para o ceo de cargados que van ..., iso din..., Por certo hoxe é o día das San Lucas e como ten que ser, chove ben. Tamén din que canto máis chove máis viño se bebe na festa preto de Cahantada (e do novo)... porque a xente non sae dos chigres e vaso vai, vaso vén... a tarde vai pasando. Saúde! |
|||||||||||||||||||||||||||||||
10 de outubro: acaba de chegar unha mensaxe dicindo que é o azafrán | |||||||||||||||||||||||||||||||
6 de outubro: chama a atención pola cor e porque só estaba ela no medio da terra arada, alguén sabe como se chama esta flor? | |||||||||||||||||||||||||||||||
3 de OUTUBRO. Alá vai outra tempada. Comezamos nova páxina de novidades e ímoslles contar o que andamos a facer. Pois agora andamos a estercar as terras das que recollemos o millo para sementar herba, herba que logo se ensilará no mes de Maio. Aínda non recollemos o millo de espiga para autoconsumo, e agora nos ratos libres podemos dedicarnos a apañar castañas que xa empezan a caer, e de paso na cima do caldeiro podemos traer unhos "zarrotes" que xa saen, aínda que estes días coa choiva está a nosa actividade de fóra das instalacións un pouco parada. Se vén algún visitante podemos conviddalo a probar o viño que nestas data está co "doce"... |
Mándanos o teu comentario |
||
31 de marzo 2008 : remata a campaña leiteira, de Abril a Abril, chega o tempo de facer contas. Este ano foi atípico, subiu o prezo do leite, agora volve a baixar, está no aire o mantemento e incremento de cotas, fálase de que ao mellor non penalizan aos que se pasan na cota; resumindo, coma o tempo, non se sabe o que vai pasar mañá, pero esta inseguridade segue a xerar peches de explotacións e perdas no sector. Incluso perdas de confianza nos que nos mantemos traballando por saír adiante no tema gandeiro | ||
30 de marzo: nós sempre utilizamos as gadañas para o que son pero lemos no Faro que hai xente para todo | ||
28 de marzo: Os Parentes non é que sexamos vellos pero xa imos tendo anos. De nenos tiñamos que rezar o rosario todos os días... e falabamos do porla... que viña sendo unha abreviatura desta oración que vemos... Que longos se facían aqueles rosarios...?? Quen non lembra aquel catecismo que tivemos que estudar para facermos a primiera comunión?? | ||
26 de marzo: a cerdeira foi enxertada, agora toca esperar para ver o resultado, o enxerto foi feito polo Sr. Xosé, e utilizouse a cera por non ter pez, a cinta aillante non queda bonita pero e cómoda para traballar | ||
25 de marzo: nabo, nabiza e grelo... tres persoas distintas e un só ... verdadeiro. Porque todo é o mesmo aínda que en moitas tendas as nabizas se vendan como grelos e mesmo o nabicol.. Así de bonita está esta nabiña do Barrio de Puga | ||
24 de marzo: conta o tío Manuel que en 1938 (parece ser que o 25 de xaneiro) toda a xente de Trasar de Carballo papou un susto que nunca lle esquecería ... cando todo o ceo se tinguiu de vermello. A xente empezou a saír das casas e xuntarse na Cima do lugar, onda o Peto. Uns dicían que se trataba seguramente da fin do mundo (había un señor en Buciños moi velliño a quen un cura lle dixera que el acordaría a fin do mundo, e igual tocaba xa). Outros aseguraban que os exércitos franquistas entraran en Zaragoza e queimaran a cidade. O medo era ben grande... E entón chegou o sr. José do Piñeirés, o Ferreiro, e díxolles que se trataba dunha aurora boreal, que pronto pasaría e ao día seguinte case nin quedarían restos. Parece ser que o Ferreiro tiña un anaco dunha galena e na Purreira escoitaba as novas da guerra antes de que chegasen no diario que traía o José do Tío Bernado (Hoxe en Torrejón de Ardoz) da Barrela. Miren como chegou a primavera á Lobagueira, e el que será esa planta de flor morada? A marela é a chorima, a flor do toxo. Hai un dito: flor do toxo, cariño puto (será polos pinchos) |
||
22 de marzo: o muíño de Ceides (Carballedo) |
||
20 de marzo: festivo, pero as vacas comen e dan leite coma nos días de labor... xa temos a receita da crema de augardente (crema de orujo en castelán). Necesitamos: 1 litro de augardente
1 litro de leite condensada
2 culleradas sopeiras de cacao
2 culleradas sopeiras de descafeinado
1 Flanin Royal
Bátese todo e sérvese FRÍO
( recomendase que a augardente non teña moita graduación e mellor que sexa de hai un par de anos para que suavice un pouco o sabor a augardente). Dita receita pódese probar a día de hoxe na Cantina do Xosé, grazas a Cris que lle mandou a proba e a receita (ah, se a augardente é caseira e non de supermecado seica se nota) |
||
19 de marzo: Hoxe é o día de San Xosé A Carmen de Baixo (Trasar), a Segunda do Pelcho (Vilaguillulfe), a Veneranda do Gil (Lobelle) -empadescansen as tres- non celebraban nas súas casas os cumpreanos, celebraban os santos. Pois seguindo esa tradición temos que felicitar hoxe nos Parentes o Pepe, o Xosé Manuel e a María José. E tamén o noso tío José en Torrejón. E os curmáns José Javier Glez. e José Manuel García. E sempre temos asociadas a estas datas as mimosas cando iamos ao Barrio de Puga ao cruzarmos por Lobelle. Hoxe parece que están inzando en todo o país, mesmo nesta foto do alto da Peneda-Xurés na raia seca con Portugal. |
||
16 de marzo: se saímos co coche hai que ter coidado onde se aparca, menos mal que a xente é educada e pon un cartel de aviso... que senón... (instantánea de María Álvarez) | ||
14 de marzo: dous profesores e algúns alunnos da Facultade de Veterinaria de Lugo, pasaron por Os Parentes a facer unha toma de mostras de sangue que logo serán analizadas polo Laboratorio Rof Codina. Encantadores todos eles, así como tamén os veterinarios de ADSL-Vacasan, Maria e Ana que os acompañaron pero non saen na foto. | ||
13 de marzo:
Onte o Xan foi facer a ata na ribeira de Oleiros e escoitou algún refrán moi interesante: |
||
12 de marzo: Por segunda vez en pouco tempo xente da nosa contorna protagoniza unha páxina de El País. Eles tamén demostran que aquí no fondo da provincia de Lugo se poden facer cousas e traballar dignamente: aposta con nós por unha produción social, saudable e responsable e sairemos gañando todos e todas. Din os de Daviega na súa páxina con moita razón. O certo é que as súas galletas mariñeiras son ben ricas. Proben a merendar unha cunca de leite (de calidade coma o noso) e unhas galletiñas de Daveiga e verán como melloran de case todos os achaques!!! | ||
11 de marzo: Cando podemos imos ao cine ou a pasear pola rúa do Paseo a Ourense... o noso hospital de referencia é o de Monforte... como o mundo é redondo tanto ten ir por un lado coma polo outro, sempre se chega | ||
10 de marzo: Os Barrios O mellor grupo de gaitas que nós coñecemos, que outra vez tocou na pasada Feira do Viño de Chantada. E alí estaba o noso parente Pegerto, sempre co seu sorriso alegre.... |
||
8 de marzo: curmán maior: Pódese ver que o noso curmán maior cumpriu o prometido e colocou o seu título e obrigas en lugar destacado do seu despacho | ||
6 de marzo: o licor café A páxina máis interesante desta web é a receita do licor café que facía a Mamacarmen. Nesta pizarra portuguesa podemos ver que o licor café é xa bebida internacional na comunidade galego-luso-brasileira: licor café, vinho verde e caipirinha, tres bebidas distintas e unha soa lingua verdadeira... e con "caja" polo medio unha verdadeira lingua franca galportunhol das bebidas... saúde!!! |
||
5 de marzo: Estas eleccións só nos trouxeron unhas obras, que son as do cartel. Por certo algo melloramos o servicio para 5 fincas co arreglo que vemos na foto, "do lobo un pelo" Andamos en obras: soterrar o cableado de telefónica que é un encordio un pouco á hora de ensilar, prevención... |
||
2 de marzo: Obsérvese nesta imaxe da autoría de María Álvarez como a interacción das sinerxías das concellerías de Medio Ambiente e Cultura do concello do Saviñao consegue a perfecta sinalización dunha das xoias do noso románico: a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, santo querido. | ||
1 de marzo: Feira do viño en Chantada: o Sabatelios arde nun candil, o "calexote" deixase beber | ||
29 de febreiro: alá vai o febreiriño que non foi curto nin tivo neve febreiriña, pero ben que florece a eira do noso presidente | ||
27 de febreiro: Esta pouca choiva axuda un algo ao crecemento da herba, e tamén á nacencia da que faltaba por saír debido á falta de auga e ao frío deste inverno atípico | ||
24 de febreiro : velaquí a foto que nos envía o Curmán Maior dunha pataca que deixou durante o inverno alá na ría de Noia e vaia se grelou!!! Non sabemos que é o que vai botar á pota, a pataca ou o longuísimo grelo? O noso zahorí recomenda que nun enxerto o GROMO ten que collerse ao momento e espetalo nunha pataca para que manteña a humidade e no caso de non enxertar xa, mantelo nun sitio fresco, seco e escuro. As cerdeiras enxértanse por Semana Santa, un día claro e tendo en conta tamén a fase luar. Antes utilizaban FEZ, el o ano pasado fíxoo con cera (dunha vela) e pegaron ben. velaquí outra utilidade para a pataca do Benigno |
||
22 de febreiro : temos un silo de herba a punto de rematar. Non sabemos como será a campaña deste ano, polo de agora aínda esta detrás de moitas lúas. Arestora non temos problema, temos outro silo sen empezar que pode dar para 5 ou case 6 meses | ||
19 de febreiro : con que pouca cousa se pode cortar un camiño e evitar que pasen as vacas, e funciona... | ||
16 de febreiro : febreiro quente leva o diaño no ventre e un día de sol no febreiro come por cantos cabalos hai no reino son refráns de Pilar Guerra. E xa levamos unhas cantas xornadas destas de primavera polo día ... a ver en que dá a cousa... que nós dependemos do campo | ||
14 de febreiro : Grazas a Tatiana polas agarimosas palabras que nos enviou e tamén por esta foto na que vemos as dúas irmás acompañando á Directora Icíar Bollaín na entrega dos Goia. Va que están ben guapiñas...? | ||
13 de febreiro : san Benigno. Os Parentes tivemos un tío crego que chegou aos 105 (+1976). Nós sempre o lembramos xubilado e dicindo misa na galería da súa casa grazas a un privilexio concedido por Roma. Pois o caso é que este don Benino celebraba o seu santo cunha festa e din que hai xa ben anos se comía lamprea que lle traían do Miño. E o Curmán Maior agasállanos hoxe cunha nova semblanza |
||
10 de febreiro : Dentro de pouco empezaremos as obras , polo momento xa veu O Topógrafo dar cotas para facer os movementos de terra, obras que forman parte do plan de mellora que temos aprobado | ||
9de febreiro : hai unha semana que estabamos nerviosos por se dúas parentas dos Parentes (o noso avó do Guerra do Barrio e o seu avó Gilberto eran primos irmáns) podían levar o maior premio do cine español. Poucas veces na historias dúas persoas da Barrela protagonizan unha páxina de El País (sábado pasado). Os Parentes tiñamos moi claro que debían gañar María e Tatiana. Non foi así pero nós seguimos fachendosos de tan ilustre parentela. Agora seguiremos a mirar cada semana o Padre Casares na Galega. De todos os xeitos parabéns para elas e a súa nai nosa parenta. | ||
8 de febreiro : Vaia coa última versión do Google Earth... viaxen ata o noso Arransallo (42º33´09.54"N - 7º49´57.67"O - elev.673 m) e verán a "ermita de Cartelos", "fuente de S. Cristo" (Recobio), e incluso en Lobelle de Baixo teñen "sorpresa", procuren non pisala se é que a dan pillado | ||
2 de febreiro : Estamos en tempo de entroido... de disfraces ... de comer a cachucha e as torradas e tamén dos mecos que era como lle chamabamos en Trasar ás máscaras ... e de descansar... ata o xoves non actualizaremos a páxina | ||
30 de xaneiro: Na casa do Guerra mátase polo San Vicente e fanse os chourizos polo método tradicional. (e o hoxe acaba de se bater o récord diario de visitas nesta páxina: 119) | ||
25 de xaneiro: outra historia dos Arrieros en semblanzas | ||
25 de xaneiro: pero para fotos artísticas as que fai alá en Boiro o noso irmán/curmán Bernardino | ||
24 de xaneiro: hoxe xa non está connosco o pai da Esperanza. Nós estamos todos con ela e co Pepe | ||
20 de xaneiro:Andamos a investigar por que pasou tanto traballo este carballo para medrar, traballo custaríalle pero bonito si que quedou. Cando saibamos cal foi o motivo desta deformación xa o comunicaremos | ||
19 de xaneiro: hai un mes que andabamos a salgar a carne do porco | ||
16 de xaneiro: nova semblanza dun devanceiro arrieiro | ||
15 de xaneiro:Que lastima dunhas fabas para aventoar, hoxe fai moito aire, hai que aventoar cando fai aire. Agora fabas bótanse poucas, pero a verdade é que o caldo sen fabas parece que non é caldo, e xa sabes, se queres ter o teu home gordiño despois de caldo unha cunca de viño... | ||
11 de xaneiro: xa temos pote, e temos bullo, só falta a explicación de como se fai o licor café branco........ todo se andará | ||
9 de xaneiro: tivemos visita. Hoxe ofrecemos outras dúas instantáneas da visita de antonte . |
||
7 de xaneiro: tivemos visita: Hoxe estiveron aquí dúas mozas e tres mozos moi agradables e encantadores da produtora Pórtico (por iso lle imos chamar a unha vaca Pórtica). Viñeron gravar para un novo programa da TVG, o Ben Falado. tiveron moita paciencia e mesmo parecía que algunhas vacas (as máis novas máis ben) sabían que as estaban a gravar porque tamén adoptaban posturas curiosas... E quedamos agradecidos para sempre co noso amigo e seguidor web, o profesor Xesús Ferro Ruibal polo agarimoso e animoso que foi con todos nós... e polo moito que conversou e animou e dixo que aprendera dos nosos tres padriños da xeración anterior. Graciñas. |
||
4 de xaneiro : Comida anual, Os Parentes e consortes, fixo de fotógrafo o noso amigo Moisés. |
||
3 de xaneiro : como chove e o Xosé non tiña moito que facer, cun anaco de enredadeira que atopou subindo por un carballo fixo esta artistada, pero agora non sabe onde póla, seguiremos pensando.......... acéptanse suxestións. Tamén se aceptan xuízos críticos..... Contamos co permiso do Curmán Maior para pór o C de curmáns na base? | ||
2 de xaneiro 2008 : parece que o ano entra con bo pé, mirando no 7 días de máis abaixo dá auga para todos estes primeiros, boa falta fai que está todo seco e xa hai moitos pozos que non deitan e o péndulo cando busca non está moi optimista... | ||
31 de decembro 2007 : Os Parentes desexamos a todos os visitantes da páxina un marabilloso ano 2008 como marabillosa é esta paisaxe nosa E lles traia o correo o mellorciño... vexan que caixa de correos máis enxebre: |
||
30 de decembro: as nosas leiterias están moi ben documentadas, velaquí o carné de identidade de Miña no que constan: nome, sexo, pai, nai, criador, data de nacemento, establo, códigos, código de barras, número xenealóxico, raza, cores... O control e a seguridade favorecen a todos: produtores e consumidores | ||
29 de decembro: pois claro que o de onte era unha pegota (nome que aquí lle damos ás inocentadas do 28). No noso dicionario non vén esta palabra, e el terá que ver con algo que se pega nas costas para facer a burla? Alguén o sabe? Estes dous seareiros da Selección Galega envíannos foto e saúdos desde Vigo |
||
28 de decembro: estamos que non damos feito, hoxe non temos tempo nin para unha foto... resulta que o virus que nos atacou en días pasados debéuselles contaxiar ás vacas e andan todas feitas uns trapos, con descomposición e vómitos... ICOS mandounos todos os veterinarios dos que dispuña e fomos cortando o pior... temos un tanque cheo de auga con arroz e outro de soro fixiolóxico (que as becerras se negan a tomar, faltaría máis)... dixéronnos que en 48 horas xa poderían ir volvendo ao silo... Outro problema é que á maioría se lles sacou o leite e o pouco que temos non se pode vender polo aquel do contaxio... a nosa veterirnaria dona R. di que algunha xa non recuperará o leite ata o próximo parto (e moitas aínda non andaron ao boi)... Non falta quen nos console... pior é que tiverades vós un accidente... que vos entrase a grupe aviar nas cortes... non o fan por mal... Mañá xa lles contaremos como vai evolucionando o asunto.... |
||
27 de decembro: as carnes mortas (as máis claras)e a paxarela (as máis escuras) Así lles chamamos por aquí a estas partes do porco, que segundo un curmán noso moi entendido se trata do páncreas e o bazo. O caso é que cando se mata o porco, ábrese, sácanselle as tripas e demais vísceras e xa no momento bótanse na prancha da cociña económica as carnes mortas e as paxarelas e con pan de Cea e viño de Oleiros podemos asegurarlles que non hai percebes que se lles comparen, ou polo menos así nolo parece a nós. Bo proveito a todos nestes días de festas! |
||
25 de decembro:Esta a rematar o ano e aínda non terminamos as colleitas, para tanto froito non paga a pena meter unha endeita (traballo feito chamando a varias persoas para axudar) Aa lotaría non tocou, o que nos tocou foi un virus que nos atacou a case toda a familia, ata o informático caeu, nin o péndulo o salvou (vómitos, malestar...), onte estaba ben a comentar que xiada na lama, auga na cama (e hoxe chove)Este mar de vacas son as nosas na sala de munxir, antes de entrar nos postos individuais |
||
21 de decembro: Os Parentes queremos desexarlle a toda a xente que visita a nosa páxina unhas felices festas de Nadal e un ventureiro ano 2008... e que pillen algo na lotería de mañá ou na do Neno... Nós seguiremos aquí coidando da facenda... que esas non teñen vacacións... | ||
18 de decembro: Mentres repartiamos vacacións de inverno estaba a chover, alegría polas vacacións e encantados de ver chover | ||
16 de decembro: Moita xeada, case non se poden afiar os coitelos para a matanza, saen candeós en vez de auga. De todos os xeitos terminamos comendo unha freba... | ||
15 de decembro: pois hoxe está de aniversario un dos Parentes... leva tan ben os anos que a xente nin llos bota... así que se fai falta seica convida a un licorciño... | ||
14 de decembro: con isto das novas leis das matanzas do porco andan buscadísimas as pistolas, están esgotadas en todas partes... E velaquí teñen a ... don 8793 | ||
9 de decembro: O Hadrián vén as ser o sobriñoi-neto da Marta, ou sexa, o bisobriño | ||
8 de decembro: pasou o sacauntos e fixo das súas | ||
4 de decembro: Tarde de outono, as vacas perecen gozar da temperatura agradable que temos hoxe. Nós temos que aproveitar a paisaxe pois dentro de pouco teremos a autovía ao fondo, por certo, as vacas son do Demetrio de Lobelle | ||
3 de decembro: como choveu agroman os zarrotes | ||
30 de novembro: pronto empezaremos os Parentes coas sesións de matanza dos porcos. O primeiro día a figadeira, o segundo as frebas, o terceiro descanso, o cuarto a zorza e os chourizos. Hai sitios (como en Vilachaá, cerca de Monforte) que tamén aproveitan o terceiro día dedicado aos roxós. Que aproveite a todos! | ||
27 de novembro: velaquí as declaracións en Metro de hoxe do Miguel de Noia, fillo do Curmán Maior dos Parentes ...... | ||
25 de novembro: en chegando ao Arransallo e se te fixas e a sorte é boa, antes de chegar á man dereita podes ver algo como isto...... | ||
21 de novembro: onte o péndulo foi cara Guntín buscar auga. Atopamos unha peneda que chama a atención, despois a señora da casa invitounos a café, o cunqueiro ten que ver..... | ||
19 de novembro: chove!!!!!!!!!!! |
||
17 de novembro: esfolla Este ano decidimos escanar o millo na leira e logo esfollar o recollido. |
||
15 de novembro: Para evitar a porquería, un pequeno contenedor. Todo isto no RECOBIO en Lobelle | ||
11 de novembro: hoxe día de San Martiño queremos saudar os criadores de vacas de raza galegas: Limiaga, Caldega, Vianega, Freirega, Cachega .En Boaga (Federación de Bovino Autóctono de Galicia) hai moita información E tamén aos criadores do porco celta (non sabemos se para eles tamén vale o de polo sanmartiño mata o teu porquiño) |
||
8 de novembro: Estes días andamos na busca de auga, pero en vez de auga atopamos un fungo en Buratas. Non se ve claro, pero para ser fungo é grande | ||
7 de novembro: están as becerras mirando, parece que queren saudar coma no Luar... e aproveitamos logo para saudar: |
||
5 de novembro: Hai algúns amig@s que nos preguntan se isto da páxina web custa moito e como se fai. Nós non somos entendidos, que o noso son as vacas. Pero podemos contarlles como fixemos e facemos. Fomos á paxina do proveedor de internet (no noso caso o R Empresas do noso presidente) que ofrece gratis aloxamento web. Demos de alta un login e contrasinal e así obtivemos o www.empresas.mundo-r.com/op para aloxar a nosa páxina. Logo fixémonos con un dos moitos programas que xestionan e editan páxinas web (no noso caso Macromedia Dreamweaver). Con este programa preparamos todos os contidos, fotos, sons... e ímolos poñendo na rede para que todos os poidan ver. Non nos custa un can pero enreda moito tempo... e como o tempo o dá Deus de balde... así seguimos... porque sabemos que hai moita xente que nos visita. Outra posibilidade sería facer un blog, que agora están de moda, non custan nada e só hai que ir a unha das moitas páxinas que os ofertan (blogger.com,...) e seguir as intrucións. Non fai falta saber utilizar nin ter ningún programa, chega con internet... e ademais os visitantes poden deixar instantaneamente os seus comentarios. Pero como nós temos moito que contar sobre os devanceiros, a explotación, o péndulo... preferimos o formato de páxina web e non só as entradas ordenadas cronoloxicamente. Se alguén quere colgar comentarios que utilice o email. Non sabemos se lles chegará con esta información... pero está a punto un parto... e temos que ir atendelo |
||
3 de novembro: Seguimos a traballar en preparar as terras para a seguinte campaña, andamos a encalar, mantemento de cerres, sementando herba e mellorando no posible as nosa leiras; é o caso de LAMATRAVESA e PORTACALES, na que seguimos a mellorar. O tempo seco axuda a esta clase de traballos | ||
1 de novembro: seica polo día de hoxe hai máis de mil anos os nosos devanceiros celtas celebraban a fin do ano e a noite na que se abría a ventá entre o mundo dos vivos e o dos mortos e que logo estes costumes pasaron aos Estados Unidos co nome de Halloween. Nos Parentes xuntamos a modernidade (vexan as castañas que a nosa Carme apañou coas amigas para ese pedazo de festival de Chantada, o Castañazo Rock) e a tradición celebrando o magosto en familia (vexan que feliz está a avoa Pilar rodeada de todos os seus netos) | ||
30 de outubro: Este ano por falta de choiva temos poucos nabos, seica na praza tamén teñen moita escaseza, estes teñen boa pinta pero son poucos e pequenos ... e xa se ve como a Alba herdou o amor polos animais da súa nai | ||
25 de outubro: Seguimos a ensilar, o tempo axuda, e agora xa falta pouca. Onte caeron unhas pingas, pouca cousa pero interesante segundo os técnicos pois así non se levanta poeira (polvo) durante a recolleita e non entra no silo pegado ás follas | ||
24 de outubro: Este ano poucas e pequenas, a castaña quere en agosto quecer e en setembro beber e este ano sáelle o tempo ao revés. Aí vai a proba | ||
22 de outubro: O outro día falabamos de canabuchos. Estas canas teñen unha espiga e un canabucho |
||
21 de outubro: feira en Chantada. Os comerciantes din que non fan un euro poque non chove e non venden as cousas da tempada... Un dos curmáns manda saúdos desde Sevilla |
||
19 de outubro: Aparece hoxe a foto dos nosos curmáns no Progreso, nun suplemento que chaman Ribeira Sacra. A pena é que non apareza na edición dixital para que a poidan ver os nosos visitantes da páxina. Hoxe inauguramos outo apartado da web, en Semblanzas de por aquí queremos render homenaxe á xente dos nosos lugares que significou algo no seu tempo |
||
16 de outubro: Unha pena, despois de 5 anos connosco deixou de funcionar. Non sabemos se chegou á vida media dunha cafeteira, pero a verdade é que as vacas de leite non duran moito máis do que durou a cafeteira | ||
13 de outubro: ensila do millo! | ||
12 de outubro: nun día tan sinalado como e o da Pilarica imos empezar a ensila do millo. Este ano retrasouse por iso que chaman o cambio climático. Empezamos a ensilar pero trataremos de facer só a metade da superficie pois a outra metade esperaremos a que termine de madurar, é importante para conseguir calidade de silo Máis de 30 anos separa esta foto actual dos 13 curmáns da feita coa súa avoa Mamacarmen. Canto medrou Pepe G. Simon que foi o que nos colocou cando eliximos o Curmán Maior en agosto! |
||
9 de outubro: o Xan xa enviñou e o Xosé tamén. O viño sabe ben, pero dá o seu traballo. Dicía o señor José da Ribeiriña: perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe. Algo así lle pasa ao noso presidente na foto da súa adega | ||
7 de outubro: Feitas un pouco lonxe, pero aínda así se nota o interese e a présa que teñen as becerras en chegaren a algún sitio. Danse conta que algo de alimento extra apareceu. Neste mes de Outono seco pola nosa zona aínda escasean os pastos, temos que axudalas con silo de herba. | ||
5 de outubro: é o tempo do San Froilan en Lugo, de pasear pola fermosa cidade, de comer o polbo con cachelos nas casetas. Os Parentes queremos mandarlle moitos saúdos aos nosos amigos o Sr. Pelúdez e a Sra. Filomena, Peludeciño e Vanessa, Jarrisonciño..... que teñan boas festas e moitos visitantes... a ver se algún de nós pode ir dar un paseíño... | ||
4 de outubro: pois seica terá 11 graos o viño que sairá das uvas destas muras de Carcacía | ||
3 de outubro: Esta preciosidade estaba o outro día en Carcacía, se non saben o que é poden preguntar | ||
2 de outubro: Temos que ir pensando en ensilar, as reservas están esgotándose, de todos os xeitos temos silo en outra morica así como para un mes. O Bernardino deu un curso acelerado de fotografía despois da empanada de torriscos, aínda non foi posto en practica. E esta foto do silo foi feita á postura do sol pero sen as súas indicacións | ||
1 de outubro: tamén estaba ben rica a empanada de torriscos que a Pilar de Baixo tan ben prepara e logo cocen no forno... unha delicia... cura todos os males... Quen tamén é unha marabilla é a tal Rosalía que puxeron hoxe na TVG, a mellor vaca leiteira de España e ademais galega.. e de LUGO.... |
||
30 de setembro de 2007: que rica estaba a lacoeira na vendima, é o almorzo típico e dá forzas para o traballo do día... agora o Xan e o Xosé xa teñen as uvas na cuva... que fervan e dean un bo viño Conta o Xan que antes seica había moita xente que botaba a cocer coas uvas un touciño para que lle dese corpo ao viño (ou para que criase unha capa de graxa que aillase como agora se fai co aceite). Cando na casa de Baixo se ía buscar o viño nun carro seica se enxaugaban as pipas coa auga de cocer a locoeira... |
||
27 de setembro de 2007: parecen ter boa pinta, hai que alimentalas ben, tratalas con agarimo, que teñan sorte de non pillar algunha doenza vacuna e igual dan un bo leitiño.... | ||
23 de setembro de 2007: parece que hoxe entrou o outono ou iso dixeron na TV, fomos á Barrela tomar os callos pero ao saírmos e cruzar o paso de peóns tivemos que ter coidado de non nos esnafrar... | ||
22 de setembro de 2007: velaquí o retrato que o Bernardino lles fixo aos nosos padriños do acto que celebramos en agosto... a que campan ben? | ||
21 de setembro de 2007: así estaba Portacales hai mes e pico... hoxe xa medrou ben o millo ... e falando de millo... en México seica hai máis de cinco mil especies de millo clasificadas pola administración... nós a tanto non chegamos.... | ||
19 de setembro de 2007: Como baixaron as temperaturas estamos aprovisionando de leña para quentarse. Adiantamos un pouco a campaña da leña ao prepararmos un camiño para que pase sen atrancos a maquinaria de ensilar o millo. Deste xeito matamos dous paxaros dun tiro | ||
16 de setembro de 2007: hoxe vén no diario un traballo que fala da influencia do gas radón en algún tipo de cancro, e que se debe ao granito das casas. Na sección de Péndulo desta páxina o noso zahorí pode axudar algo... Tamén marchou onte para a Gran Bretaña o herdeiro do noso Curmán Maior. Seguro que se fai forte no inglés pero ha ter morriña dos chourizos e o xamón de Vilaguillulfe |
||
14 de setembro de 2007: Reunión de Traballo, Os Parentes e S.A.T Sabadelle, foron convocados a unha reunión pola Técnica en nutrición Rosana. Despois de moito facer números e de compararmos resultados das dúas explotacións almorzamos de traballo como vemos na foto. | ||
12 de setembro de 2007:
O noso amigo don Xesús Ferro leu o conto do curmán maior e puxo nun correo: Ese voso curmán Benigno si que sabe escribir en galego. A min máis que a
Cunqueiro lémbrame a Fole. ¡Que naturalidade e que marabilla! Teremos que mandarlle unha REINA ao amigo Ferro, se non atopamos unha reina mandámoslle unha MARQUESA, e por ultimo se non houbera outro remedio unha ESCRIBINTA; primeiro ten que madurar o millo e despois poñerse a esfollar. A boa fe que don Xesús Ferro facía bon pé na esfolla, aínda que non lle fundira moito a esfollar seguro que contaba bos contos... |
||
11 de setembro de 2007: Buscamos canabucho ou canavucho no dicionario e non o atopamos, preguntámoslle ao noso Curmán Maior, don Benigno, e velaquí a resposta: En Vilaguillulfe -e en todas as veigas de Viana polo menos- chamábaselles canabuchos ou canavuchos ás espigas de millo que non ían ao hórreo, xa por seren moi pequenas ou por seren deformes. Como este millo non servía para fariña, os canavuchos xa non se esfollaban e gardábanse nun sitio seco para seren utilizados todo o ano. Utilizábanse como complemento alimenticio para o gando e na miña casa dábanselles sobre todo aos bois cando tiñan moito traballo. Acordo que meu pai, que andaba cos petos cheos deles, dicíalle ao Heladio do Ermida -que tamén tiña bois e que tiraban pouco- que eran mellor medicina os canavuchos que o aguillón, do que el abusaba bastante. E tamén lembro que …. resulta que un tal Vanghelino do Coche, tiña un fillo no Seminario. Por certo, nunca souben que foi dun nin doutro, eu non os cheguei a coñecer. E tindo un fillo no Seminario, cando o rapaz tería 14 ou 15 anos, namorouse dunha do Tacón, que eu non me acordo como se chamaba, e díxolle ao pai que quería plantar do Seminario e “roubarse” coa moza e embarcar para Buenos Aires. Ao Vanghelino non lle chistou moito o asunto porque pensaba que o fillo viviría mellor de cura que casado coa do Tacón. Para ver de lle quitar o vezo do corpo, o Vanghelino acordou levar con el ao rapaz ás casas onde ía traballar. Chamábano moito para as casas do Pelcho e do Penete, que era home serio, e traballador... aínda que algo farrista. Parece ser que o Vanghelino cargaba ao fillo cuns feixes de herba verde grandísimos..... e á miña tía Estrella do Penete, que era coñecida en toda a redondeza por ser unha muller moi farta e moi boa cos criados aquelo dos feixes tan grandes non lle pareceu ben e así llo dixo ao Vanghelino. A resposta deste foi: “Fágolle esto, señora Estrella, porque coido que, aplicándolle distes canavuchos, non lle ha dar para andar tan pronto ao boi” Este noso Curmán Maior parece don Álvaro Cunqueiro, fala coma un libro aberto. .O noso zahorí di que canavucho tamén se aplica como sobrenome a persoas pequenas e mal feitas |
||
10 de setembro de 2007: a que son ben bonitas estas becerriñas? | ||
8 de setembro de 2007:
Hoxe é a Virxe do Faro, que é avogosa para todo. Nesta paisaxe tan marabillosa, cantas veces fomos andando para gozar das súas vistas, tal parece nesta foto... pero.... miren como a man humana estraga todo nestas fotos de hai un mes. |
||
7 de setembro de 2007: Os Parentes arrancando as patacas nos Salgueiriños. Antes o día da arranca comíanse arregladas, agora calquera cousa vale | ||
6 de stembro de 2007: se todo vai ben tócalles hoxe ás patacas dos Parentes. Di o refrán: cando as barbas do veciño.... esta estampa é da mañá de onte na curva do Chao do Carballo | ||
5 de stembro de 2007: estes días de calor afogueirado igual veñen ben para o noso millo, para que lle medre a espiga, que é a substancia para as vacas, e logo darán un bo leite. Hai un mes xa estaba así de grande cando foi visitado por uns coruñeses... | ||
4 de stembro de 2007:
As nosas vacas non teñen xugueira. Conta a señora María de Padrón que cando alguén mercaba un boi se xa tiña xugueira valía máis porque era sinal de que estaba amansado e afeito a traballar. Por iso había tratantes que aos bois novos lles daban cunha pedra ata que semellaban ter xugueira e podían vendelos ben... sempre houbo xente lista. |
||
3 de stembro de 2007: no seu tempo (non hai tanto) foi un invento marabilloso que aforraba moitas horas de dura gadaña... hoxe vai quedando xa vello... se tiveramos que segar hoxe con ela toda a herba que collemos este ano... onde andariamos! | ||
1 de stembro de 2007: hoxe empeza a traballar o Xosé Manuel, así que deixa de estar ocioso, de lle traballar a cabeza para facer o escudo da famila Pereira e ennobrecer as paredes da Casa do Gil | ||
31 de agosto de 2007: último día do mes, hai que ir collendo algunhas patacas do cedo de colleita propia, a que locen ben? | ||
27 de agosto de 2007: comeza a segunda quenda de vacacións, volven ao traballo o Xan, a Tita e o Alfonso. narigón: anel metálico que se coloca ás reses nos fociños para telas ben suxeitas. Era o que se lles poñía antes. Agora nós temos en conta a modernidade e poñémoslles a algunhas becerras novas un Piercing para que campen ben, que xa se ve que este narigón de plástico non serve para telas sexeitas. Ou se cadra é para outro fin o piercing este? Se vostede ten interese ... pregunte |
||
23 de agosto de 2007: Como este verán veu máis levadeiro pouco tivemos que usar este chintófano para refrescar o ambiente das nosas vacas, así mollando o tellado conseguimos baixar varios graos a temperatura | ||
20 de agosto de 2007: A día de hoxe rematamos a campaña de herba seca, como non podía ser doutra maneira celebrámolo con unha semana de vacacións | ||
19 de agosto de 2007: pois estamos todos contentos co noso título de Referencial | ||
18 de agosto de 2007: Algunha herba xa fomos metendo, a foto non mente | ||
16 de agosto de 2007: Día de san Roque: por dicir viva san Roque prenderon a meu irmán e agora que o soltaron viva san Roque e o can... Na Cervela, onde estivo moitos anos o noso tío José de cura, tiñan un san Roque moi bonito. Era nunha capeliña nun alto que só abría ese día. Poñían a imaxe do santo no fondo da capela e os devotos botábanlle o centeo de ofrenda por enriba da cabeza, logo collían un pouco que levaban para remedios. A procesión subía por un camiño ata unha poza de auga que se bendicía e a xente bebía daquela auga fresquiña... Velaquí unha foto con máis de 40 anos | ||
12 de agosto de 2007: hoxe foi un día grande para Os Parentes. Xuntámonos os netos de José e Carmen González para elixirmos Curmán Maior. En total fomos 31 persoas e pasámolo de marabilla na Barrela. Velaquí teñen como eramos hai uns 30 anos e como somos agora tan ben acompañados | ||
8 de agosto de 2007: Pois este domingo estamos convocados os 13 netos de Carmen e José González para nomearmos curmán maior... parece que o mellor situado é Benigno González... | ||
6 de agosto de 2007: Que nos traerá esta cegoña? Un meniño parece que non, igual son os cartos que nos dá o Zapatero ou ese leite tan caro que a prensa destes días compara co petróleo. Pero igual a cegoña só veu ver como segamos na herba, quen sabe? | ||
2 de agosto de 2007:
nesta foto podemos ver como todos os prados están cheos de herba seca e tamén podemos ver a Paz... Di o Pegertiño que estas herbas que se chaman cásimos, seica saen en sitios "pobres" e non se reproducen pola semente. En Portacales pola mañá, daba gusto velas de bonitas que estaban |
||
30 de xullo de 2007: non canta na Chá ninguén por iso o meu carro canta.... así di a canción de Fuxan... acabamos de ler que nun lugar de Ourense fixeron un concurso para ver cal era o carro que mellor cantaba... aplaudimos a idea ... que aínda lembramos os carros a cantar e os carretos aquí por Carballedo. Estes días como axuda o Lourenzo andamos un pouco apurados coa herba seca... porque vaia se iamos escoitar os eixos a cantar... | ||
20 de xullo de 2007: estase a preparar o nomeamento do curmán maior dos González. Fíxose un comida para tratar o asunto en Noia. | ||
16 de xullo de 2007:
hoxe pola tarde a vaca non buscaba sombra, estaba a resgardarse da choiva (foto) E aí vai outra frase que ten que ver coa vaca (dedicada ao noso amigo Xesús Ferro): ánimo tripas, que está un corno a cocer. Supoñemos que o de darlles ánimos ten que ver co "ruído" que fan cando hai fame, para tranquilizalas podemos anunciarlles o do corno.O corno a cocer sábese cando se pon pero nunca está cocido... así que a cousa non pinta ben... |
||
13 de xullo de 2007:
parece que volve a choiva, aínda que non é o mellor para a nosa herba seca. Estes días andan en Pamplona a pelexaren cos cornos dos bois, xente ociosa, nós procuramos que as vacas non os teñan para que non se manquen entre elas, xa non digamos a nós... |
||
10 de xullo de 2007:
hoxe é o san Cristovo, o patrón de Lobelle, polo que a Marta e o Xosé convidan a un licor café na adega da casa. Este santo seica é o patrón dos condutores... a ver se nos axuda que andamos moito con tractores e hai moitos acidentes... santo bendito! Na wikipedia poden saber máis sobre o santo. |
||
7 de xullo de 2007: Esta mañá entrou a primeira "freba" de herba seca no almacén dos Parentes, queda moito que loitar para rematar pero aínda empezamos hoxe. Un membro dos Parentes atópase hoxe de visita na cooperativa Irmandiños, unha das pioneiras en Galicia, xa noutra ocasión visitamos dita cooperativa; pero agora queremos manter contacto e ver como evolucionan e as súas inquedanzas ante esta época incerta e de cambios que estamos a vivir. Por certo que aínda que se fala de subas no prezo do leite e recuperación do sector, polo de agora non son efectivas. Moito ofrecen pero o leite só subiu 1 céntimo | ||
6 de xullo de 2007: xa pegamos coa herba SECA, agora que veña tempo pois temos para uns días, hai moita este ano, menos fincas que outros anos pero máis cantidade de herba | ||
4 de xullo de 2007:e el parece que o tempo vai a mellor.... a ver se dura... | ||
2 de xullo de 2007: xa estamos no mes de Santiago, camiñamos cara o Carmen e o tempo segue con cambio climático. Agora terá que se ir compoñendo que temos que segar a herba para seca... | ||
30 de xuño de 2007: Nesta foto non é fácil saber polo momento se o rego da dereita ou o da esquerda son Mas 33A ou BO8, fixemos unha proba en Lamatravesa, polo de agora non se distiguen a simple vista, iremos facendo un seguimento ata a recolleita. Os visitantes da páxina en Burgos ao mellor teñen bo ollo e dannos unha pista para saber cal é cal (ou non amiga Maricarmen?) | ||
27 de xuño de 2007: Nós chamámoslle estralote, seica ten moitos nomes en galego este digitalis purpurea. Tamén se lle chama estraloque, dedaleira, sanxoán. Parece ser que é planta medicinal que contén dixitalina, úsase contra a insuficiencia cardíaca, taquicardia e enfermidades coronarias; tamén ten poder diurético. Pero ollo, que en grandes cantidades é tóxico e pode producir a morte. É tan bonito e chamativa que alegra a vista nesta época. Cando nenos sempre andabamos a estalar neles. E estoutra planta que non comen nin as vacas, que parece un pau de san Pedro, alguén sabe que é? |
||
26 de xuño de 2007: saíu nos diarios que segundo uns estudos os fillos primoxénitos son máis intelixentes. Non facía falta estudo ningún, chega con ver os máis vellos das catro casas dos Parentes, todos eles ben agudos: a Concha do Gil, o Benigno do Penete, o Bernardino de Baixo, o Elías do Tío Bernardo. Pero ollo cos pechacancelas dos Parentes, haxa ou non estudos, que son ben espabilados: A Marta do Gil, A Inma do Tío Bernardo, O Sindo do Penete e o Xan de Baixo. E os do medio? Deses xa falaremos outro día, a ver se vai saíndo mentres algún estudo ... e... poden ir vendo estes vellos castiñeiros que son o orgullo da Marta |
||
23 de xuño de 2007: antes de nacer o sol vaise por auga á fonte e logo bótanse unhas flores de sabugueiro e lávase un con esa auga na mañanciña do día de san Xoán. En Trasar de Carballo sempre fixemos así. Seica o orballo de S. Xoán ten moitas propiedades curativas, sobre todo para enfermidades da pel. É curioso, din que se ves nacer o sol o 24, podes apreciar como baila, algo diso pode haber, se mesturas o efecto óptico con un pouco de viño da Ribeira Sacra e esperas sen durmir ata que naza o sol ... case seguro que "o ves bailar". Radiestesicamente ten un montón de propiedades, pasear descalzo polo orballo axuda a descargar o estrés e cárgate de enerxía, mesmo respiras mellor. Se non tes sabugueiro a man e che queda a desmán Trasar de Sabugueiro, velaquí unas flores frescas de hoxe pola mañá e falando de san Xoán felicidades Presidente (e tamén Helena) |
||
22 de xuño de 2007: A primavera empezou onte, as témporas seica quedaron suroeste, a ver en que dan. Pero sempre ha estar bo tempo para tomar unha copiña de licor café receita da Mamacarmen (que é o que máis buscan os internautas na nosa páxina) | ||
20 de xuño de 2007: xa temos can, contento o can e orgullosa a coidadora... | ||
18 de xuño de 2007: o tempo aínda dá auga. A auga quédalle ben ao caldo, o leite non a pode ver, e o viño non ten moita amizade con ela, xa teñen que pórlle copas "aparte". Seica despois do San Luís mellora o tempo, falta fai... | ||
12 de xuño de 2007: e el que será este aparello? | ||
17 de xuño de 2007:Din que pode subir o leite un pouco, seica xa andan as empresas recolledoras a ofrecer subas e a facer contratos de compromiso de entrega prometendo unha suba de un 10%. Parece que algo se move no sector, din que a suba se pode deber a que empeza a escasear o producto debido a unhas politicas anteriores que fixeron baleirar as despensas de reservas para manter o prezo. Nos estamos coa moral algo máis alta. Tamén empezamos a solicitar axudas para maquinaria, que parece que pode recuperarse o tema das axudas que estivo parado ultimamente | ||
10 de xuño de 2007: Hoxe é un mal día para Os Parentes. O Camilo do Pereiro xa non está connosco. Era un bo home. Nos Parentes os que eramos familiares directos e os que non tiñámoslle cariño. A súa lembranza seguirá connosco. | ||
9 de xuño de 2007: Hoxe tiñamos que levar un marrao desde Lobelle a Trasar, pero como había tormenta non puido ser, que os porcos son moi delicados do corazón e igual non o soportaba. Cando se leva un porco a unha corte nova o mellor é botar auga para mollar o chan e alí fará o animal logo as súas necesidades. E se se mete con xeito pódese deixar a porta aberta que non sairá. E un consello se quere mover porcos: coller por unha orella e polo rabo, senón faise complicado. Non sempre vai ser a cousa de vacas, hoxe tocoulle aos marraos |
||
2 de xuño de 2007:Onte foi a cea de ICOS, a nosa cooperativa. Xuntámonos en Chantada, comemos, conversamos e pasamos un rato agradable. Fixeron o saneamento e saíu ben. Rematamos de sementar o millo. Esta semana tamén remata o "Becario" Moisés. A Partir do martes empezamos as VACACIÓNS, repartimos o mes en quendas de a dous, mínimo unha semana por cabeza |
||
30 de maio de 2007:Entre torbón e torbón andamos a botar no millo, aínda non imos pola metade, pero dámoslle ganas, queremos rematar neste mes. Xusto na entrada da explotación sementamos un pouco de espiga, ese que despois de esfollado metemos no hórreo e máis tarde mallamos para logo darllo a comer a porcos e pitas. | ||
27 de maio de 2007: Con esta choiva aínda non se puido sementar o millo, temos a terra arada pero falta que enxoite un pouco. Polas datas a que estamos non podemos descoidarnos moito, xa dixo o Padriño (Manuel González) que cando a rula canta no seu ruladeiro, bota o millo, senón na terra, que sexa no bulleiro. E agora imos votar. |
||
26 de maio de 2007: Os Parentes escoitaron que nas rúas de Vigo hai vacas coloreadas que non precisan silos. Mandaron alá un propio e algo atopou | ||
21 de maio de 2007:Despois de toda unha semana de ensila de herba, o domingo ás 9 da tarde entrou a ultima viaxe, fixemos dous silos, un pouco máis que o ano pasado e rematamos xusto a tempo antes de empezar a chover. Pillounos a choiva tapando o silo o luns (véxase o detalle). Agora temos que sementar millo en moitas fincas que foron ensiladas, xa estamos a fertilizalas, despois de todo esto ao mellor collemos algo de vacacións. Por certo quen conduce este tractor? |
||
20 de maio de 2007: Levamos uns días de moito traballo coa ensila da herba, case non hai tempo nin para comer. Se fixeramos como este veciño de Sarreaus, teriamos menos traballo, non hai máis que mirar o coidada que ten a horta. |
||
17 de maio de 2007 : Día das Letras Galegas Para nós é un día calquera, un día solto, que a nosa facenda non entende de festivos. Ademais nós xa cumprimos co galego todos os días... e esta páxina pode dar fe |
||
16 de maio de 2007 : Andamos a segar para a ensila, esta "gracia" non fixo ningún dano, só retrasou un pouco a data de recolleita, pero aumentou a cantidade e mesmo a calidade de ensilado, ao mellor para a fin de semana témola media vencida. Neste intermedio aproveitamos para sementar algo de millo, este ano empezamos sementando o Mas 33-A |
||
13 de maio de 2007 : Temos a ensila parada por mor da choiva, agora temos que esperar a que escampe e logo un día ou dous paraa que enxoite e se levante a herba, e seque un pouco o terreo | ||
11 de maio de 2007 : Velaquí a foto do Moisés, que ben nos veu que nos botase unha man... | ||
10 de maio de 2007 : Hoxe damos por inaugurada oficialmente a ensila, como de costume suspéndense os descansos e centrámonos en recoller unha parte importante do alimento para o gando.Este ano contamos coa axuda do MOISÉS, un rapaz que anda no estudo e fai prácticas en "Os Parentes". Axuda nada desprezable nestes días de moito traballo. Se o tempo acompaña contamos cunha recolleita de herba para ensilar de boa calidade, froito do traballo de renovar periodicamente as praderías; en cantidade contamos con superar en moi pouco a colleita do ano pasado, pero de todos os xeitos sería suficiente.Tamén temos un novo CAN que inda non decidimos como chamarlle, como primeiro nome surxiu MEU, pero pode que non teña moita aceptación e ao final .. ao mellor na rede alguén ten ideas bonitas pa chamarlle a un can... |
||
6 de maio de 2007 : Hoxe ten un vaso... dise aquí onda nós de alguén cando está un chisco bebido pero sen chegar a borracho. Estes días andan nos xornais as declaración de Aznar sobre o viño e a condución. Nos Parentes xa sabemos aquilo que dicían hai moitos anos nas estradas portuguesas: se beber nao conduzir, se conduzir nao beber. Temos que aplicalo ao manexarmos as maquinarias e os coches ... e iso que temos un bo ribeira sacra. |
||
4 de maio de 2007 : Parece que clarea un pouco o tempo, intentaremos botar as patacas o sábado, tamén parece que pode clarear un pouco o noso futuro económico, rumoréase que pode subir algo o prezo do leite, din que (3 pesetas), non ten moita tradución a euros pero se fose certo algo axudaría. Onte quedou unha noite clara, foi a Santa Cruz e pola Santa Cruz sempre xea. (ah, aquí preto de nós celébrase a Santa Cruz na parroquia do mesmo nome, onde se garda un corpo santo, o de Frei Miguel González) |
||
1 de maio de 2007 : hoxe é o día dos traballadores e nós tamén somos traballores do campo, a nosa fábrica é a explotación, así que a seguir traballando, que esta fábrica non pecha nin un día, nin sequera unha tarde ou mañá, as vacas queren comer e hai que munguilas decote..!! | ||
28 de abril de 2007 : onte aínda choveu ben, veu unha graciña moi xeitosa. Di o Xan que o mellor era que chovese antes durante o abril e logo viñese un maio máis quente, pero que se hai que conformar co que veña e non alporizarse por iso, aproveitar que agora xa chove... este noso presidente sempre moi xuicioso..!! | ||
24 de abril de 2007 : Andamos a fertilizar para sementar millo, este ano queremos aumentar un pouco a superficie a sementar para tratar de gastar menos en penso xa que ultimamente se disparou o prezo do penso composto. Achacan a subida á produción de cereais para facer biodiesel; como sempre estamos a ver como funciona o tema, pero o resultado para nós polo de agora é seguir producindo millo para alimentar as vacas, pois para producirmos combustible parece que non estamos en zona favorable co que non sería rendible... sorte para as vacas, que por certo no día do libro naceron dúas. | ||
23 de abril de 2007 : A vaca non é de onde nace senón de onde pace, pensarán as pintas holandesas, que, malia ao estrés que lles crea o feito de non entender os berros dos seus novos propietarios, producen tanta riqueza para Galicia que ata a Unión Europea acaba por multalas. Porque se as nosas vaquiñas tiveran dereito a voto -serían máis dun millón contando as autóctonas e foráneas- de seguro que a súa sería unha existencia máis cómoda e mesmo en tempo de eleccións como o que agora vivimos ata terían o seu día de festa, animada por Superpiñeiro ou Gayoso. (Xoán C. Vidal, delunsavenres, 23-4-05) | ||
21 de abril de 2007 : esta rosa naceu nunha roseira que o cura do Incio colleu xunto da fermosa igrexa da Cruz e foi plantada na costa galega, en Bueu. Así de vizosa está hoxe o mesmo que a nosa lembranza del. | ||
15 de abril de 2007. Xa se vai cumprir o ano desde que nos deixou o noso benquerido tío cura do Incio. E hoxe lemos en A Nosa Terra isto: Di a Marta que as abellas soen marchar co seu amo, disque se morre o " que as coidaba" elas desaparecen tamén. O seu avó seica as tiña na finca chamada "os cortizos", queda xusto encima de Lobelle. Hoxe non as hai pero a situación é boa, vense os castros de Quintá, o de Morgade e máis mundo. O seu marido di que logo as abellas serán como o San Pegerto de Buciños. Ao bo do santo tamén lle medraba a barba ata que morreu o barbeiro Un estudo da Universidade de Landau suxire que a misteriosa desaparición das abellas que está a afectar aos Estados Unidos e a Europa pódese deber á radiación da telefonía móbil. Segundo esa teoría, as ondas de radio interfiren nos sistemas de navegación dos insectos, o que fai que non poidan regresar ás súas colmeas. |
||
13 de abril de 2007: Hoxe estamos de loito, despois de moito sufrimento, o noso amigo Julio Moure deixounos (dos Caballeros de Viana), foi o noso amigo e compañeiro de traballo de Xan, veciño en Ourense en Dr. Marañon, coñecido de todos e sobre todo un grande home. Un bo profesional no seu traballo, un manitas no tempo libre, sobre todo un bo pai de familia. Dende Os Parentes queremos facer saber que perdemos un amigo. Yo quiero ser llorando el hortelano de la tierra que ocupas y estercolas, compañero del alma, tan temprano. Van por ti, Julio, estes versos de Miguel Hernández .......... |
||
12 de abril de 2007: Pois, sempre atarefados, en Semana Santa repartimos algo de vacacións, 2 días por cabeza, ben os mareciamos, deixamos estercadas as cento e pico hectáreas de pradería que administramos. Primeiro foi o Xurro. Logo onde non se puido chegar fixémolo con 22-8-6, e por ultimo co famoso NITRAMON. Agora entramos nunha especie de compás de espera entre fertilización e recolleita, que aproveitamos para pór en orde temas tan importantes como o de Axudas, Plans de melloras, planeamento, etc. Estamos centrados en mellorarmos accesos aos eidos para a ensila que se aveciña (mediados de Maio), andamos a programar un tema tan importante para a explotación como é a SEMENTEIRA DE MILLO, temos que arar, fertilizarar, ver a clase de semente que mellor se adapte ao terreo, o clima, o abonado previo, a climatoloxía, a data prevista de recolección. Aademais, como pasa con todas as cousas, ultimamente temos moitas novidades relacionadas co tema do MILLO. Novas clases de sementes, novos tipos de pragas, certos tipos de fitosanitarios que deixan de ser autorizados por Medio Ambiente. Estamos a estudar concienzudamente o tema. Mentres tanto e para non aburrirnos miraremos as listas electorais que andan a saír á luz nestes días ..
|
||
|
||
5 de abril de 2007: Xa estamos na nova campaña leiteira, a ver como se porta, se os prezos non baixan e seguimos botándolle ilusión á cousa ... Unha embaixada dos Parentes estivo polo País Vasco; máis que mirar o asunto das vacas seica se dedicaron a investigar o txacolí, os zuritos, o patxarann |
Mándanos o teu comentario
|
28 de marzo 2009 : na nosa familia estamos afeitos a saír na TVG, agora tocoulle ao sobriño Paulo Agora toucoulle aos electricistas, un é familiar dos Parentes, tamén os albaneis andan a cerrar a fosa. Agora queda pouco para inaugurar a obra |
23 de marzo: Tamén Os Parentes chegaron á Coruña para facer saber aos políticos pola crise que está a atravesar o sector debido á baixa do prezo do leite, a crise vai forzar ao peche de moitas explotacións, e xa quedan poucas. |
22 de marzo: Non é fácil xuntar a 4 irmáns cado o máis neno ten 80 anos |
19 de marzo: Hoxe é o día de San Xosé A Carmen de Baixo (Trasar), a Segunda do Pelcho (Vilaguillulfe), a Veneranda do Gil (Lobelle) -empadescansen as tres- non celebraban nas súas casas os cumpreanos, celebraban os santos. Pois seguindo esa tradición temos que felicitar hoxe nos Parentes o Pepe, o Xosé Manuel e a María José. E tamén o noso tío José en Torrejón. E os curmáns José Javier Glez. e José Manuel García. (vamos, o mesmo que o ano pasado) |
17 de marzo: vaia vídeo máis vacún, ímosllo pór ás nosas |
13 de marzo: agora tócalle á fontanería |
10: marzo. Abrimos unha páxina de vídeos |
3 de marzo: Mentres preparamos o piso da obra nova, as xemelgas descansan tranquilas, dá gusto velas Cando o Xan vai traballar á ribeira sempre trae refráns: home luneiro non é bon cosecheiro
home luneiro nin boa meda nin bon palleiro
o caiño é o pai do viño |
28 de febreiro: dun día para outro cambian as cousas, xa non parece a mesma |
27 de febreiro: este furado é para montar unha balsa de recollida de xurro da nova nave. |
26 de febreiro: aínda hai xente que pensa que os cambios de lúa non inflúen nada aquí na terra. Acaba de cambiar a lúa e hoxe unha vaca matou un rapaz aí en Paradela... e alá polo Ulla unha muller quedou ferida porque a atropelou un carro de vacas -onde se viu tal!- ... e varios endevidos comentaron que a noite pasada durmiran mal sen saber por que... vaites coa lúa... que converte a estes animais que parecen tan pacíficos en asasinos |
24 de febreiro: martes de entroido, antes viñan os mecos polas casas e había quen falaba do santo entroido |
20 de febreiro: estes días de sol as vacas que andan fóra disfutan como na primavera |
16 de febreiro 2009 : algo cambia, pouco a pouco, estes días de sol axudan |
13 de febreiro: A autovía empeza a deixar calvas as leiras. Foto antes, foto hoxe, mágoa, non deu chegado o S Valentín |
10 de febreiro: moitas veces andamos mirando a onde ir para ver cousas bonitas de moito mérito e non coñecemos as que temos por eiquí á mao. Nesta guía recén saída está todo o desta zona: Castro, A Barrela, Os Peares, Chantada, todas as igrexas dos arredores, os carballos vellos... a Maruxa Villanueva, o Buciños... Canto hai que ver!!! |
9 de febreiro: Na casa do Cortés de Lobelle está este trasfugueiro (trasfogueiro, morillo); é unha peza de ferro fundido no que se apioa a madeira para facilitarlle o tiro e que así arda mellor. Ademais normalmente ten unha serie de accesorios acoplados que facilitan o mañexo do lume e outras labores. Hai alguén por aí na rede que nos poida explicar este trasfugueiro? |
6 de febreiro: Que non dure máis a mala veciña que dura a neve na febreiriña... a ver se é certo |
1 de febreiro: onte foi un día moi feliz para os Parentes. Fomos ao Incio aos actos en honor do noso tío: misa, descubrir o busto no Hospital, comida multitudinaria no Incio... |
31 de xaneiro: velaquí o lugar de Trasar de Carballo, onde foi nado o noso tío Cura do Incio. Hoxe iremos toda a familia ao Incio aos actos de homenaxe: misa, descubrir o seu busto no Hospital e xantar de confraternidade na Cruz. Moito o botamos de menos... Xa saben que na súa web hai moitas fotos |
27 de xaneiro: velaquí o lugar de Trasar de Carballo, non hai outro lugar no mundo que se chame igual, hai un Trasar de Sabugueiro, pero un sabugueiro non ten a categoría dun carballo |
22 de xaneiro: hoxe El Progreso portouse co noso tío en paz estea, o Cura do Incio. Case unha páxina enteira (a 16). Se non ten o diario pode ver o artigo aquí |
20 de xaneiro: Pilar Gómez Abad mándanos outro artigo interesante de como salvar a vaca Paca.Hoxe miren que paisaxe máis bonita |
19 de xaneiro: Os técnicos de TECNOR empezaron a pór as camas, nós si que pensamos no benestar animal. |
18 de xaneiro: Os nosos dez mandamentos. 1.- Os animais non sufrirán fame nin sede prolongada; é dicir, deberán ter unha alimentación e subministro de auga axeitada e suficiente. 2..-Durante o descanso deberán estar cómodos. 3.- A temperatura debe ser adecuada, nin frío nin calor. 4.- Disporán de suficiente espazo para movérense en liberdade. 5.- Non deberán presentar lesión físicas. 6.- Os gandeiros manterán unhas condicións hixiénicas e de coidados óptimas para evitar doenzas. O seu manexo ten que ser correcto en calquera ocasión. 7.- Evitarase a dor por manexo, xestión, sacrificio e intervención cirúrxica inadecuada. 8.- Poderán manifestar comportamentos sociais normais específicos da súa especie, como o aseo persoal. 9.- As persoas a cargo dos animais favorecerán as boas relacións entre o home e o animal. 10.- Deberán evitarse as emocións negativas como o medo, a anguria, fustración ou apatía. Segundo un proxecto da Unión Europea que identificou os criterios de avaliación do benestar animal para o gando bovino, porcino e aviar. Nós xa antes de coñecelos procurabamos todo isto e moito máis porque canto mellor tratemos os nosos animais máis leite producirán e mellor nos sentiremos nós. E como temos a conciencia tranquila e vai frío imos mirar se lle metemos algo quente ao estómago: |
16 de xaneiro: Pilar Gómez lémbrase de nós e recoméndanos este artigo de El País (tractores) |
12 de xaneiro: Mándanos Anxo desde Pontevedra esta ligazón á páxina que fixo para honrar a memoria do noso tío Anxo, Cura do Incio: anxo.info. Tanto nos devanceiros do Cura do Incio coma nos dos Parentes (que veñen sendo os mesmos) vemos que houbo un arrieiro que se chamaba José González Simón, igual que o seu tataraneto e noso Secreterio José González Simón. Curiosidades. O outro día falabamos dos males de fumar. Por iso nos manda a Vitoria desde Pontevedra esta foto feita en Portugal (como coidan alí dos homes??) |
Mándanos Anxo desde Pontevedra esta ligazón á páxina que fixo para honrar a memoria do noso tío Anxo, Cura do Incio: anxo.info |
10 de xaneiro: segue o frío hoxe, por iso o Rogelio fixo un bo lume de amieiro e dixo: o amieiro arde no bulleiro (porque arde aínda que sexa mollado) |
9 de xaneiro: está a nevar nos Parentes como en case todo o país |
7 de xaneiro: temos a terra preparada para botar os allos na minguante de xaneiro. Con este frío case se agradece un pouco de exercicio aínda que sexa cavando na terra |
5 de xaneiro: Esta noite seica veñen os Reis. A ver se nos traen pronto o remate das obras e lles podemos poñer o loureiro. O día 2 xa lle trouxeron algo a Pilar Guerra que foi elixida por votación dos de Pórtico para empezar o ano no programa resumo de Ben Falado, todo un honor para ela, miren que pasou ben xente e ben importante por ese programa no 2008. Por se non o viron |
3 de xaneiro: La Voz de Galicia: El fallecido párroco Anxo González será recordado con un monumento de O IncioLa asociación Terras do Incio celebrará el próximo día 31 un homenaje al sacerdote Anxo González González, fallecido en abril del 2006, quien durante varias décadas se ocupó de las parroquias de Santa Cruz, Hospital, San Pedro y Trascastro. Los organizadores preparan varios actos, uno de los cuales consistirá en la inauguración de un busto dedicado a recordar al desaparecido párroco, del que señalan que «destacou pola súa bondade e entrega aos demais» mientras residió en el municipio. El monumento será instalado en el entorno de la iglesia románica de San Pedro Fiz de Hospital. La inauguración se llevará a cabo hacia la una de la tarde, después de una misa que se oficiará en la referida iglesia. Posteriormente se celebrará una comida de homenaje en el pabellón deportivo del colegio público Ricardo Gasset. Las entradas podrán retirarse hasta el día 27 en todos los bares y cafeterías del municipio al precio de veinte euros y serán gratuitas para los niños de hasta 10 años de edad. Al homenaje asistirán el obispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, y el presidente de la Diputación, José Ramón Gómez Besteiro. Anxo González González residió en el municipio de O Incio durante cerca de cuarenta años. Falleció a los 71 años de edad tras una larga enfermedad en la localidad de Trasar de Carballo, en el municipio de Carballedo, de donde era natural.
|
2 de xaneiro: a que non saben (os que non son de por aquí) para que serve este aparello que temos no Arransallo? Pois veñan por alí ou escríbannos ao noso @ se teñen dúbidas. |
1 de xaneiro 2009 : empeza o ano e como sempre se di que o mellor é ter saúde non se deixen guiar pola fumeta, nin rubio nin negro... |
31 de nadal : Seica por fin de ano se pide un desexo, non sería mala idea pedir que ningunha arma sexa máis mortífera que esta escopeta feita de cana de millo. Bo aninovo para todos de parte dos Parentes! |
29 de nadal : onte foi o día das peghotas,
para os que non son de por aquí, inocentadas.
E hoxe seguimos coas obras que van
para diante día a día:
|
28 de nadal : hoxe di o señor Touriño no diario que a adxudicación
dos megavatios non é definitiva, debe ser porque Os Parentes tiñan
solicitados uns cantos megavatios e os informes érannos favorables e mesmo
nos mandaron un papel onde consta que imos ser premiados con polo menos 33
megavatios. Como parece ser certo isto convidamos aos visitantes da páxina a
que se acheguen polos Salgueiriños (e previo permiso do Tío Manuel) leven un
mollo destas nabizas que tan boa pinta teñen:
|
26 de nadal : como é tempo de
vacacións as nosas vacas teñen visitas e, como pasa sempre, as máis
solicitadas son as becerriñas
|
25 de nadal : Que si, que vai moito frío por aquí, pero temos bo
viño, caldo galego da casa de nabizas, calefacción nas casas… así que
non hai problema. As vacas tamén están ben coidadas, non hai por que se
preocupar
|
23 de nadal : Os parentes queremos desexar a todos os vistantes
desta páxina que pasen o mellor posible estas festas, que metan os problemas
e disgustos un momentiño debaixo da mesa estes días. Nós teremos que seguir
atendendo a facenda como calquera outro día, que as vacas non entenden de festas.
|
18 de decembro: ten moita razón o noso amigo Anxo alcalde de Chantada
en que a xente ten
dereito a saber o que come (Xornal, 18-12-08). Por iso Os
Parentes coidamos tanto a alimentación do noso gando, para que a xente que
beba o leite (e derivados) que producen as nosas vacas estea tranquila...
|
13 de decembro: día de santa Lucía, festa de pote en Trasar. A que
non saben que son carrafellos? Di Pilar Guerra que son esas
mazás pequeniñas coma castañas que quedan na árbore ao final da colleita.
Tamén di Lina Simón que o dente de angrónen infusión é o mellor remedio
para comer o sangue nun derrame (haino ao lado dos regatos):
|
11 de decembro: con choiva e néboa pero con ganas de rematar a obra. Luís. Xan, Rogelio e Pepito non paran de traballar
|
8 de decembro: hoxe saíu o Peguerto de Quintela na TVG
|
7 de decembro: Si que está ocorrente o Carrabouxo na Retranca
|
3 de decembro: vimos
o outro día o que chaman xogo da PORCA, nós non o
coñeciamos, pero a nosa Nai-Pilar ten falado del. (Máis información)
|
30 de novembro: as que andan
fora disfrutan da neve, as de dentro tamén a ven
|
30 de novembro: vaia artigo máis interesante trae hoxe El País,
titula nada menos que: a tumba de Hitler está en Chantada... Os Parentes estamos
encantados de que a xente da nosa zona faga cousas tan bonitas... todos temos
que apoiar esta zona sur da provincia... Tamén saíu o outro día no Ben falado
a páxina dos nosos parentes de Pontevedra
|
27 de novembro: xuntanza
de traballo, SAT Sabadelle, Os Parentes e Rosana que é quen
convoca todos os anos a unha charla onde comparamos datos e cambiamos
impresións sobre a marcha e funcionamento das nosas explotacións. Despois de
dúas horas de estudar datos, sentámonos a mesa
|
26 de novembro: Andamos
a vacinar por mor da Lingua Azul
|
25 de novembro: Estamos a facer revisión de maquinaria, somos os primeiros
no turno de tarde
|
20 de novembro: ese gran programa que dirixe Xesús Ferro xa está
operativo na internet. Quen non nos viu no seu momento porque foi emitido a
unha hora algo cedo... xa o pode facer na rede:
|
17 de novembro: este edificio situado no mesmiño centro de Aveiro-Portugal chamouse
até hai ben pouco CASA PEGUERTO. Nesta " loja
" comezou un veciño noso a súa actividade comercial. Del só
sabemos que era galego (de onde ía ser logo chamándose así
), que se instalou na cidade portuguesa no comezo do século
pasado e que hoxe ten descendentes comerciantes - hai varias tendas
de moda da marca PEGUERTO GARCIA Lda- e tamén
farmacéuticos e avogados... Se temos en conta que, fóra dun radio duns 30
quilómetros arredor de Buciños, case non hai PEGUERTOS, el
de onde sería?...... Continuaremos a indagar. (foto e información facilitadas polo Curmán Maior Benigno
González) |
16 de novembro: andamos de ensila, case un mes máis tarde do habitual, pero mereceu a
pana esperar, agora o millo vai en sazón. Tamén atopamos algunha seta nas
leiras, pero son das que non se poden comer
|
13 de novembro 2008: hoxe imos falar das cruces coma esta que hai en Lobelle desde sabe deus cando, os vellos sempre a recordan e hai uns 10 anos
restaurouna o Toñito do Gil.
A cruz máis importante é a da parroquia. A cruz non sae
dos límites da parroquia, cando ten que pasar un defunto pola parroquia a
cruz vai esperalo ao límite e despídeo onde empeza outra parroquia volvendo á
súa igrexa. |
12 de novembro: o noso veciño Rubén dende Brasil
pregunta polas Obras. As
obras van lentas, agora andamos a teitar (lousar dixo un dos
operarios). O Ruben está polo Brasil ampliando coñecementos de Veterinaria en
algo relacionado cos embrións, e dende alí ve a nosa páxina todos os días,
... para el, un saúdo de todos nós.. (Ruben é
fillo da Eva de Lobelle, neto do Feliciano, o pai chámase Moncho, e ...)
|
11 de novembro: con este mal tempo dos días pasados nin avanzou a obra nin puidemos ensilar... seica vai mellorar... a ver...
|
9 de novembro: hoxe en Cartelos celebrouse o funeral por Emilio
Álvarez González da Casa do Grande de Trasar. O Milucho foi o noso vate local.
Era verdadeiramente un poeta do pobo, un home que amaba de verdade a poesía.
Sempe o lembraremos no prado dos Currás gardando as vacas e escribindo nunha
libretiña pequena as súas poesías. Os da nosa xeración xa lle chamabamos o
poeta e sabiamos de memoria algún verso seu: "pequeño riachuelo de
aguas cristalinas, a donde vas.." nos recitou
un día cando iamos para unha festa. No 1974 publicou Caminos al atardecer,
o seu primeiro libro. Emilio tivo xa desde neno problemas de saúde, no
Seminario xa pensamos que se ía... pero recuperou e chegou aos 54. Como o
Emilio non se movía nos círculos dos poetas coñecidos, seguro que non sae
moito nos xornais sobre el... mais para Os Parentes foi sempre un grande
poeta, un verdadeiro exemplo de poeta popular... e así seguirá na nosa
memoria...
Do libro "Albas de primavera". O primeiro dos 47 poemas, en galego, que o
compoñen.
Amar
rir
loitar
chorar
ouh!, qué profundo
sentimento
o de poder chorar
longamente
sobre un amor
ou unha aución, reprimida
no máis fondo da alma
|
7 de novembro: malas noticias nos chegan de Ponferrada. A señora Dorinda xa
non está cos seus, agora estalle facendo compañía á súa querida Virxe da Encina.
O seu sorriso, a súa amabilidade, os seus continuos diminutivos e a súa
excelente arte na cociña quedarán sempre na lembranza de todos os que tivemos
a sorte de tratala. Baudilio, Mila e Bernardino, ... moitos ánimos e cariños... !!!
|
6 de novembro: Sen lles sacar o mérito, as vacas do outro día parecen
ladrairos... se fosen nosas estarían ben mantidas, que nós nos dedicamos a
mantir. Agora iamos ver se faciamos a segunda parte da ensila do millo. Pero
non puido ser o de ensilar por que chove. Aproveitamos para probar un apeiro que fabrica INDUSAGRI, fábrica de maquinaria agrícola en Lugo, da cal forma
parte o sobriño da Marta Juan Carlos www.indusagri.es
|
4 de novembro: A nosa avoa Mamacarmen falaba de que un tío dela fora a
San Andrés de Lonxe. Igual era a san Andrés de Teixido onde vai de morto
quen non foi de vivo. Aquí
temos unhas vacas alí en Teixido o venres, chovía e só 3º de
temperatura... e as vacas tan tranquilas... a ver se eran en realidade almas
que ían cumprir a manda que non fixeran en vida...
|
2 de novembro: chegou o frío e o mes de samartiño... a todo porco lle
chega o seu samartiño... Desde Espasante-Ortigueira chéganos este porquiño de san Antonio... bonita estatua
|
28 de outubro: agora que vén aí o día dos defuntos, de lembrarse das
ánimas... non deixe de facer turismo e pode visitar en Trasar de Carballo o
restaurado peto
das ánimas, interesante monumento que non vén nas guías
turísticas. Probe a meter unha moeda e verá como ninguén lle contesta nin dá
as grazas, entón entederá a frase: estar calado coma un peto
|
25 de outubro: Fancisco Sineiro en El Progreso
Que catro cousas ben ditas, como emociona ler recoñecementos!
que lástima non telo connosco aínda! Foi o noso tío e como un pai para todos.
Seica na Casa de Baixo unha tía da Mamacarmen era chamada por todos os
sobriños mi tía. Pois esta vai por ti, mi tío, nunca te esqueceremos!
|
22 de outubro: O noso amigo Fernando ten paxina
web, e acordouse de pór Os Parentes como ligazón. Temos que ver
a súa paxina e mandarlle un agarimoso saúdo, el ademais do seu labor como
comercial, persoalmente é unha das habituais visitas da nosa paxina.
Inda que estamos próximos (a tiro de pedra), menos de 2 quilometros, tamén
utilizamos de vez en cando o correo etectrónico para pórnos en
contacto. Todo un profesional, e tamén un amigo
|
21 de outubro: onte ás 9 da noite rematamos de cerrar o silo, esta
mañá empezou a chover, sorte a nosa. Ensilamos algo mais da metade, en xeral
colleita un pouco escasa, pero despois de todo inda non foi tan catastrófico
o efecto da rosca, gracias á pericia dos maquinistas da colleitadora
conseguimos minimizalos un pouco.Agora esperar uns días para facer a ensila
que resta e despois analizar e facer contas e cálculos do recollido e do
xeito de repartilo para todo un ano.
|
19 de outubro: andamos a ensilar no millo, desta volta farémolo
en dúas partes, así o recomendan os técnicos. Hoxe dámoslle ás leiras que
están máis cumpridas, o millo máis curado, e logo dentro duns días o que
resta. O tempo axuda e nós ilusionados coa nova colleita, e sabendo que
despois do prezo do leite, a recolleita de millo é un factor que inflúe na
rendabilidade da explotación pois de ser precaria a colleita en cantidade ou
calidade teriamos que suplementala con penso, que ultimamente está a prezos
prohibitivos como o carburante.
Algunha adormidera tamén atopamos, seica se utilizaba para durmir ben, poñiase unha bolsa con adormideras secas debaixo da almofada Nos arredores das fincas de millo tamén encontramos o estramonio, coñecida como herba do demo |
18 de outubro: nos toxos do Arransallo, chama a atención o que traballan as arañas,
e logo marcha o orballo e non
se ve o seu traballo
|
17 de outubro: entraron as primeiras castañas, pero o viño novo inda
ferve. Sempre casaron ben as castañas
e o viño novo
|
15 de outubro: alá en Pazos, á beira da antiga lagoa de Antela na
Limia, Francisco Vences ideou este
toro para descanso gatuno. Mándannos esta foto dedicada á Marta:
grande amante de todos os animais e tamén recolledora de gatos...
|
13 de outubro: o viño xa está na xesta (deixou de saber a doce e
sabe como a xesta), o de Lobelle algo máis adiantado que o de Trasar
|
12 de outubro: interesante
foto que nos envía o parente Sindo, non
necesita comentario (tirouna na provincia de Ourense)
|
11 de outubro: Cabalos
Cando eramos rapaces o Paco do Penete, o Xan
de Baixo, o Manolo do Tío Bernardo, o Antonio do Gil (os nosos pais) tiñan
besta, para ir ás ribeiras, para ir ás feiras, para ir ao muíño... Non
sabemos se lle virá de aí ao noso irmán/curmán Sindo González o seu amor
polos cabalos. O caso é que desde que se fixo veterinario sempre se dedicou
aos equinos. Botou ben anos ao cargo da Cuadra Pereira, que tan bos cabalos
tiña e tantos éxitos conseguiu nos hipódromos. Hai uns anos que o convenceron
para se facer cargo das instalacións que a Deputación de Ourense ten na
antiga lagoa de Antela. Nós sabemos que a el lle vai máis o coidado dos
cabalos que o papeleo... pero son cousas do cargo. No que si acertamos é en
que é unha das persoas de España máis entendidas en cabalos de raza e nas
súas doenzas ... a nós case nos gustaría máis que o fose en vacas... pero así
tamén temos un parente famoso..
E cambiando de conto... o Zapatero e o Bush
veña a inxectar cartos nos bancos e o pobre do Carrabouxo:
|
8 de outubro: despachar
Di o Xan que na ribeira cando os ribeiraos ían sulfatar facían eles as boquillas de madeira para a
máquina e dependendo se botaba a xeito ou non dicían: despacha ou non despacha... por certo, o viño que está a ferver vai
andar polos 10º... e tiña un case nada de acidez debido á
garnacha...
|
6 de outubro: para que se saiba a que empresa pertencen as maquinarias
|
3 de outubro: o bullo segue a ferver nas adegas do Xan de Baixo e do
Xosé. Aquí temos o Antonio
de Carcacía e o curmán maior o día da vendima xunto á moreira da
que falamos a semana pasada
|
2 de outubro: as obras
avanzan lentamente:
|
30 de setembro: non e fácil facer as fotos no medio do millo, pero ben, nunha vese a espiga no chan, de xeito que non a recolle a colleitadora e pérdese; e
na outra apréciase como a planta inda que non seca cae e parte das raíces están
cortadas pola famosa rosca
|
29 de setembro: san miguel das uvas tarde vés e pouco duras... O sábado fomos de vendima a Oleiros, vendimamos toda a mañá, xantamos e saímos todos cara Castro...
polo camiño tivemos a visita da Garda Civil que mandou soprar a todos os
condutores... e como somos xente responsable ningún chegou aos 0´25. Agora
este informático xa levou o mosto a analizar e o viño ferve nos cubas de
Trasar e Lobelle.
|
25 de setembro: andan a montar o testeiro da nova nave
|
23 de setembro: isto dos idiomas na internet.... Piquen no buscador máis usado en Xapón... escriban no recadro os
parentes... déanlle ao azul á dereita... e
verán como nos coñecen en Xapón....
|
22 de setembro: este corzo seica andaba nun eido noso. É cortesía do noso parente Xosé Manuel García. E
os cornos do bicho farán un bo caldo????
|
18
de setembro: á noite
Resulta que hoxe andan os Parentes derreados (ben, este informático menos porque andou no tractor) porque tocou recolleita
das patacas, e claro como hai que collelas do chan non hai
máis remedio que agacharse... non é como o ubre das vacas que xa o puxemos ao
ser do corpo para munguilas ... esta das patacas é unha das
colleitas que facemos en común as catro familias... e xa na mesma tarde
botamos os nabos no mesmo sitio... que logo ben que saben as
nabizas que aquí nestas terras montañesas de Carballedo danse moi ben... Este
ano colleita normal, nin moitas nen poucas, e coma sempre non eran todas coma
as máis grandes, pero seguro que chegan, e se non chegan para cocer cómense
fritas.Sempre se busca arreglo, o importante é que se conserven.
O peor é aquelo do que lles falabamos o 29 de
agosto, A ROSCA que ataca o millo, estamos a comprobar que
xa afecta a algúns dos nosos eidos... hai quen di que o único remedio é botar
millo transxénico... pero nós non estamos por esas..
|
16 de setembro: foi o Xan á ribeira de Oleiros e prendeu moito do que
lle contou o noso amigo Antonio de Carcacía: resulta que as liobas (doelas curvas das
cubas, as das cabezas son os tempos) de moreira son excelentes
para evitar que o viño se apique. O pai do Antonio era carpinteiro e facía
cubas e cando lles metía algunha lioba de moreira tiña que cobralas máis
caras. Seica había alí unha moreira moi vella e grande que lle cortaron dous
pólos para facer táboas para liobas. Por iso o Antonio recomenda meter a
cocer na cuba unha taborela de moreira. Un xeito natural de evitar tanta
química como leva o viño!
|
12 de setembro: Hoxe en La Voz de Galicia de Ourense o noso
curmán/irmán Gumersindo fala da crise e dos cabalos
|
9
de setembro: hoxe é o día de San
Pegerto e imos falarlles de Chatada:
O demo andaba de viaxe por Galicia e levaba
con el a súa nai. A señora cansou e pediulle ó fillo que a levara ás costas. Pero
ela estaba moi gorda e pesáballe moito. Cando chegaron a onde está agora
Chantada, o demo tirou a nai ó chan e dixolle: |
8 de setembro: hoxe é o día da Nosa Señora do Faro, a romaría máis
grande da nosa comarca. Como é festivo en Chantada e aproveitando a fin de
semana o Xan foi coa familia dar unha volta e aproveitou para se fotografar
coa filla Helena en compañía do loro Ravachol e Valle-Inclán
|
6 de setembro: velaquí os
novos que veñen con forza
|
1 de setembro: segue o programa do noso amigo D. Xesús Ferro, Ben
falado na TVG, levando á pantalla xente da nosa familia, hoxe tocoulle a Pilar Guerra
|
31 de agosto: xa apareceron os primeiros choupís, o ano pasado case non
sairan pero este ano parece que se adiantan
|
29 de agosto: Pois ademais da subida do combustible, da baixa do
leite, da incerteza de garantía de recollida, agora aparece unha nova peste
no millo. Trátase dun ataque "tardío" de ROSCA, a rosca é un verme
que ten forma de rosquilla e ataca o millo ao pouco de nacer cortándolle a
raíz e ten tratamento. Agora esa mesma rosca ataca cando o millo é grande, os
vermes son máis grandes e cortan as raíces do millo que están máis na
superficie de xeito que cando fai un pouco de aire o millo cae como se pasase
un tornado, non temos maneira de loitar polo de agora contra esta peste,
menos mal que inda non se estendeu moito, pero en fincas cercanas ás nosas xa
foi vista. Nós polo de agora xa nos chega co Xabarín.
|
25 de agosto: Andamos a facer os alicerces no que será unha ampliación de
instalacións, case se podería chamar un anexo, chámese como queira é para as
becerras
E como tivemos uns días de vacacións... a
Marta e o Xosé foron dar unha volta e en Piornedo esta vaca chiscoulles
un ollo, igual era un saúdo para as nosas vacas
|
20 de agosto: andaba mal unha vaca ... veu
vela o veterinario e dixo que tiña depresión... aínda que non
o pareza, que vive con máis de 200 e nunca anda soa... e está ben coidada...
Así que os que pensan que a depresión non é unha enfermidade... aquí teñen un
exemplo que ata as vacas hai que tratalas de depresión...
Quen non debía ter depresión é esta páxina web
dos Parentes que o luns foi a protagonista no pograma Ben falado da
TVG, e ao informático afeccionado que goberna esta páxina tocoulle falar
ben...
|
17 de agosto: xa temos tractor novoe hoxe tivemos a comida dos curmáns,
só nos faltou o Sindo que non puido vir:
|
14 de agosto: pois un vertido
incontralado nunha finca e ... a traballar a cabeza, entón con
algo que viña no vertido (que houbo que recoller) saíu un cartel avisando de que non tiren máis lixo, e ao mesmo tempo supoño que o que o fixo
recoñecerá o anaco que era parte do vertido
|
13 de agosto: a xente viaxa... a Tita e o Alfonso van a Noia... a
Pilar á Coruña... a Helena de campamento ... e o Manolo a ver se hoxe
consegue acabar cunhas dores... hai que prepararse que o domingo é a festa
dos curmáns... iremos a Torre Vilariño... que xestionou o Curmán Maior... a
nós non nos vale calquera sitio... somos tan importantes coma calquera... así
de contento está o Xan de vacacións:
|
10 de agosto: agora que están de vacacións a Tita e o Xan teñen tempo a sentar e contar un conto na aira... e tamén a ver o Ben
falado (TVG 10,05) no que tantas veces saíu a Pilar de Baixo ... de non haber cambios nós sairemos no programa do
luns 18 e a señora Pilar no luns 25...
|
8 de agosto: Rematada a campaña de herba seca toca vacacións, 13
días por persoa, e algún dos que está a traballar tal parece que está de
vacacións xa que vai
en bicicleta. Por outro lado, o Tractor Barreiros marcha para chatarra
por iso do plan Renove, o seu substituto xa está no concerionario, para a
semana chegara Ós Parentes
|
4 de agosto: facendo bolos atopamos un espantallo,
noso non é, pero como está na estrema tamén "espantará" algo
para nós. O prado cámase Relleiro e está ao lado do río Asma
|
2 de agosto: empezamos o agosto, o mes das canículas aínda que este
ano non sabemos se virán co do cambio climático... antes si que debían vir...
que había quen dicía cando morría un meniño nestes días: hanche ser as
canículas do agosto... E mentres seguiremos vendo a diario o Ben
falado (TVG, 10,40) , que xa saíu o noso informático un día dicindo unha
frase
|
30 de xullo. nos prados que ensilamos a herba a uns botámoslles
millo e o resto teñen agora unha segunda corta ...
|
28 de xullo. A lagartixa está mirando o tempo a ver se hai ou non cambio climático. Menos mal que
aproveitamos o tempo cando veu a calor a mediados... e metemos toda a herba
seca... que a segunda parte do mes veu ben fresca e algo húmeda para eses
labores ...
|
22 de xullo. seguimos coa herba... moita hai este ano!!!
Hoxe empezou na TVG o Ben Falado ás 10,40, alí
estaba falando o noso amigo don Xesús Ferro. Igual para o mes saímos os
Parentes...
|
19 de xullo. Estes días andamos a voltas coa herba seca, este ano
moita e boa colleita, sorte para as becerriñas que son as que máis comen da
seca.
Por fin temos páxina web do Concello,
benvida!!
|
13 de xullo. Obras: a verdade é que polo de agora só se fixo o
desmonte, estamos esperando polos albaneis.
O que si temos é unha cadela a que inda
non bautizamos pero que entende por "chuchiña" e non
sabemos que facer con ela, regalámola encantados (cun lote de leite
para alimentala), hoxe fixémoslle esta foto para tratar de
promocionala e ver de atoparlle amo. É bonita e parece que está pedindo que
alguén se faga cargo da súa situación. Nós non podemos, ademais se non a
separamos de seu irmán, non conseguiremos ter un verdadeiro gardián (seu
irmán) no Arransallo.
|
12 de xullo: O 10 foi día do Patrón ( o Arransallo pertence á parroquia de Lobelle) aparte da ración acostumada houbo
que facerlles unha tarta ás nosas vacas. Nós non puidemos esquecernos de
bendicir os coches como facemos todos os anos
|
3 de xullo: " chateando coa
marela"
Hoxe saudamos a Biocoop, unha cooperativa ourensá que une gandeiría e novas tecnoloxías, ata vai instalar cámaras web para que os clientes poidan ver como vai indo o becerro que algún día acabará no seu prato (hai un xeitoso artigo sobre isto na Nosa Terra, o xornal do que é Conselleiro Delegado o noso veciño chantadino Pucheiro) E entramos na xeira do verán, polo que esta páxina se actualizará a relentín... entre descansos, herbas, algunha praia... etc... as novas serán máis escasas... Saúdos a todos e que o verán sexa tempo de lecer e non de crise nin de separacións e liortas (como esta a dicir agora a TVG que pasa moi a miúdo) |
2 de xullo: por que a vaca non é o
símbolo da paz? en vez da pomba? Así pois, hai que cambiar o símbolo da paz e, como dicía
Castelao, poñer a vaca. Dános o seu leite. O seu coiro. O leite e o coiro dos seus
fillos. É o amparo dos pobres. ¿Quen dá máis? E aínda por riba, a parvixola,
sempre mira con ollos calmos e agradecidos, de boa xente. E os habitantes da
India, potencia emerxente, saben co corazón que é un animal sagrado. E en
Occidente, maltratadores case, as facemos tolear dándolle de comer cousas
raras. Nada, nada. En desagravio a tanta afrenta e á longa historia de
colaboración desinteresada coa humanidade a ONU tiña que declarala símbolo
universal da Paz e deixarse de paxaradas. A argumentación non pode ser máis
fácil. Vaia vostede ao medio dunha guerra, alí onde estea a xente ben
amolada. Lugares hai sobros. Darfur, por exemplo. Faga dúas ringleiras cos
esfameados. Regale na A pombas brancas e na B vacas rubias, suízas, caldelás,
cachenas ou Hereford, de carne ou leite, que valen todas. ¿Que lles sería
máis útil para a paz de estómago, ‘sine qua non’ para a paz de espírito?
¿Que preferirían? Pois xa está. (Alfonso
Vázquez Monxardín,
E de regalo un dobre arco da vella sobre a peneda
cabezuda:
|
30 de xuño: daló ao outro día do día
de San Pedro: o Xosé cando viaxa sempre
leva a cámara e así pode retratar bugambíleas coma esta en Bueu
|
29 de xuño: San Pedro. A Marta e o Xosé puideron facer unha
escapada ata Bueu para cheirar os aires da mar... e ata o Xosé se atreveu a
prognosticar o resultado do Alemania-España co péndulo... acertará...?
|
25 de xuño: obras empezamos a mover terra para construír unha nave
para as becerras
|
23 de xuño: hoxe é a noite de San Xoán, a noite máis máxica na nosa terra.
-Mañá hai que erguerse para ver nacer o sol... porque baila - Hai que deixar
auga con flores de sabugueiro (e outras herbas) fóra toda a noite e lavarse
antes de saír o sol para curar todas as doenzas da pel. E se a cousa é moi
gorda... arrevorcallarse no orballo dun lameiro sen roupa ningunha... garantida a curación.
-Tamén se poden deixar toda a noite as claras de ovo a serenar e pola mañá aparecerán certas figuras... - e moitas cousas máis... (o péndulo esta noite.. anda...
anda...??) |
21 de xuño: Pois o aparello que puxemos onte era para introducir
medicamentos ou alimentos especiais na boca das vacas. Iso foi o que lle
explicou o noso presidente á Vitoria en Pontevedra cando a foron visitar el e súa mamá
|
20 de xuño: Pois este aparello ten unha finalidade concreta na
explotación, pero a simple vista non é fácil de adiviñar
|
17 de xuño: Case rematada a bota do millo, falta pouco, debido á
choiva non demos rematado o luns, o primeiro que sementamos hai 4 días xa
agrila, pero inda non saíu da terra. Por outro lado, andamos dando a
herbicida que para eso si que está un tempo baril, e xa de paso un saúdo para
o Albertiño que é un dos colaboradores no asunto
da herbicida do millo. |
14 de xuño: Andamos apurados coa bota do millo, seica chove o
domingo e queriamos rematar antes de que chova, este ano decidimos sementar o
Euroestar, por ser un ciclo curto e unha marca xa coñecida e experimentada
|
13 de xuño: Están a
cumprirse os servicios mínimos acordados polos transportistas para os
gandeiros, esta mañá non tivemos que tirar o leite.
|
12 de xuño: Pois non pode ser
doutro xeito, no ordeño da tarde temos que tirar o leite, supoñemos que antes
das 6.30 non quede arranxado o problema do transporte e nós temos saturada a
nosa capacidade de almacenaxe, resumindo, temos que tirar o leite. Calquera
veciño da zona pode pasar a recoller para o seu consumo, non teremos
inconveniente en agasallalos con todo o leite que poidan consumir. Xa
informaremos de como evoluciona o tema da recollida, mentres a seguir
loitando para saír adiante....
Non se pudo arranxar o problema da recollida , os consecuencias están á vista, leite á fosa de xurro |
11 de xuño: Pois eiquí temos o Sr. Presidente supervisando os traballos
de cerrado de silo. Ao fin, moita colleita, un pouco a destempo pero recollida
no seu punto, agora a ultima palabra terá que dala o laboratorio cando se
analice despois de fermentar.
|
9 de xuño:O tempo axuda, entra herba a barullo,
con un pouco de sorte a ultima hora da tarde rematamos de ensilar,
logo despois inda queda traballo pa perfilar e tapar os silos
|
8 de xuño: pois hoxe toca recoller
|
7 de xuño: Rematamos de segar, agora xa pode ver a foto a
Victoria dende a súa casa. Alegrámonos moito da súa recuperación, ANIMO.
Tamén un saúdo para quen a coida con tanto coidado como se fosen ovos. Aos
Parentes quédanos toda a fin de semana de ensila e supoño que luns e martes
tamén
|
5 de xuño : POR FIN XA ANDAMOS COA
ENSILA.....
|
28 maio: moitas veces poñemos fotos de plantas que vemos polos
campos e dinos a Marta que tamén ela as ten ben bonitas na casa. E non mente,
velaí está esta amarilis da súa terraza cunha paisaxe de fondo que pronto se verá alterada por unha
autovía.
|
27
maio: o cantar do arrieiro é un
cantar moi baixiño, cántase en Ribadavia e resoa no Carballiño. Por iso
nós debiamos cantar moito que temos antepasados arrieiros, de feito Os
Parentes íase chamar Os Arrieiros, pero xa estaba o nome collido. E din os maiores que agora xa non se canta coma antes que a
xente traballaba e cantaba ou asubiaba... canto cantaron o Xan de Baixo e a súa irmá Vicenta!!!
Agora
dámoslle máis a poñer a radio no tractor ou no coche e escoitar A GALEGA.
Antes ían coa anxada ou a gadaña ao lombo e cantaban, ... xuntábanse e
cantaban... Será por iso que hoxe di no diario o cantante Amancio Prada: Nunca se consumiu tanta música nin se cantou tan pouco... a cadea rompeuse
cando os homes deixaron a eixada polos tractores... O tal Amancio dálle
moito xeito a cantar iso do cantar do arrieiro..., como diría
empacestea o noso tío Anxo: que ben canta ise carajo
|
26
maio: xa tarda o bo tempo, pero
mentres tempo non vén sazón non pasa... polo que imos falar das apóutegas
Os excursionistas buscan apóutegas. Pacere
que segundo eles a auténtica apóutega é a pequeniña, pegada ao chan. Ás
altas, aínda que da mesma familia, chámanlles apóutegas do zorro. Cando
eramos rapaces atopabámolas no monte e chupabamos unha especie de dentes que
teñen na raíz que saben doce, pacecido a leite condensado. A verdade é que
teñen un colorido que chama a atención. As fotos do Xosé poden ilustrar o
asunto:
Estas
curiosas plantas florecen agora e son parásitas. Viven debaixo da terra sobre
as raíces doutra planta (xaras...). Pódense ver cuando florecen e sacan as
flores ao exterior para poder ser polinizadas. A das fotos é a Cytinus
hipocistis.
|
24 maio: a xeración dos fillos dos Parentes vai con forza.
Esta fin de semana o Manuel está en Torre Pacheco (nas
Murcias) competindo na final nacional. A Helena patina que é unha marabilla,
levaron o 3º premio en Riazor. O Paulo fai fotos en Cervo, o galspanglish debe ser o idioma desta foto da Mariña.
|
23 maio: ao lado das patacas tamén botamos algún millo,
neste caso Euroestar.
|
21 maio: onte tocou botar as patacas
|
20
maio: antes hoxe era san Bernardino
Un devanceiro noso era Bernardino (+1938).Tamén
foi crego. Foi o cura de Visuña (Courel), e tamén debía levar o fermoso lugar
de Ferramoulín (a peor parroquia da diocese de Lugo entón). Enfermou e foino
buscar seu irmán José (o noso avó) , a quen lle cobraron dous pesos desde a
Estación de San Clodio polo axudar. Nestas montañas cando lle facían ovos,
untábanllos con graxa por enriba. Conta o seu bisobriño José Glez. Simón que
estando no Seminario deixou os estudos e veuse para a casa. Metéronlle o
fouciño na man e tivo que traballar coas mans encalecidas ata que se
convenceu de voltar para cura.
O noso irmán/curmán de Boiro tamén se chama Bernardino,
o outro día estivo comendo a carne ao caldeiro en Castro e fixo estes retratos da cunca do viño (é un artista!!). Felicidades polo santo!
|
19 maio: vaca pendente de parir e
que promete dar moito leite
|
17
maio: Letras Galegas
Nós podemos celebrar ben o asunto con esta dedicatoria que acabamos de recibir do científico que falaba o outro día da herba seca (moitas grazas polo agasallo) e
seguiremos falando o galego e escribindo en galego... e logo??
|
15
maio: hoxe que andamos a pensar
na ensila da herba verde queremos contarlles algo sobre a herba
seca.
Seica lle preguntaron a un importante
cientifico (un tal Freeman Dyson, físico) cal fora o invento máis importante
dos últimos 2000 anos. Dixo que a herba seca porque en Grecia e Roma (e
antes) non se coñecía a herba seca (feo) e a civiliazción só podía existir en
climas temperados onde os cabalos podían sobrevivir durante o inverno
pacendo. Sen herba seca no inverno non podía haber cabalos e sen cabalos non
podían existir as cidades, o mundo urbano. Ata que alguén inventou a herba
seca e a civilización puido moverse cara o norte e cruzar os Alpes... e grazas
á herba seca puido formarse Viena, e París, e Barcelona, e Chantada... Quen nolo ía dicir cando andamos no verán a recollela? (isto non o inventamos nós, lémolo nun libro Po de estrelas dun tal
Xurxo Mariño) |
11 maio: o bion. Para traballiños os de antes. Conta Francisco Vences
(Pazos, A Limia) o traballo que pasaban co bion na lagoa de
Antela. Seica era un xunco moi alto e abondoso na lagoa. Primeiro os homes
tiñan que mollarse para cortalo coa gadaña e logo sacalo en carros polos
únicos accesos nos que non se enterraban. Unha vez seco servía de esterco
para os eidos. Naquela lagoa na que cando cantaban as ras non se escoitaba outra cousa ata Portugal... cando se erguían os paxaros case tapaban o sol... o pior eran os mosquitos que non había
que os sacase de enriba.
Este Francisco é un artista, adaptou este aparello para termar dos toros que mete na cociña:
|
10 maio: galaguech. Así é como din no Incio, seica, para animar o gando a
que beba (nós dicimos agüíche). E así tamén é como titulan o último
disco os de Xarín, os gaiteiros do Incio. Teremos que mercar
este disco para llo poñer logo ás vacas a ver se beben con xeito. E con xeito
fala coma sempre o Carrabouxo
|
9 maio: Andamos a mirar para o tempo, queremos empezar a ensilar pero o tempo non se afirma e as temperaturas son baixas; tempo firme abarata
a ensila e simplifica o proceso de ensilado, ademais as temperaturas altas
fan que a herba de ensilar medre dun día para outro. De todas as maneiras non
perdemos o tempo, andamos a abonar a conciencia para sementar millo,
inda non temos claro cal sementar este ano, depende da SAZÖN, ou
sexa condicionados estamos por data/laboreo/abonado/estado do terreo...etc.
Despois de analizarmos os datos veremos cal das sementes comerciais se adapta
mellor ás nosas pretensións, e como é sabido por todos os que traballamos no
campo dependemos da climatoloxía para criar e recolleitar o que
sementamos , só nos queda rezar para que a campaña sexa boa
|
6 maio: hai un de nós que sabe preparar uns ricos cafés con leite (e vaso de auga)
|
4 maio: hoxe chegou de volta unha embaixada da nosa familia
dirixida pola ma/tía Pilar. Saíron o xoves e pararon en Ponferrada para
degustar unha selección de produtos do Bierzo cos que os agasallaron os nosos
amigos Baudilio(s) e Dorinda. |
29 abril: na 1ª o control de reprodución que está a facer a Luísa veterinaria,
visítanos como mínimo unha vez ao mes e sempre ten traballo. Na 2ª os Podólogos que neste
caso están a facer podoloxía preventiva
|
27 abril: Velaquí un xesta en flor (que non un pidorno) ou
polo menos é o que din estas paseantas
O primeiro reto noso xa vai alá algún tempo
foi facermos unha páxina web... o segundo (grazas a dona
Charo) facer a tradución ao inglés... o terceiro termos un dominio,
un nome propio na rede das redes... que é o que acabamos de conseguir... e
para que ninguén se perda xa no Google aparecemos tamén co dominio... Vén hoxe na prensa que unha
familia deste concello de Carballedo prepara unha homenaxe a un centenario e
que xa van tres no ano... Será que aquí hai calidade de vida e unha dieta con
cousas da casa... na nosa familia xa o tío Benigno chegou aos 105 anos alá polos
1975
|
25 abril: así andan as cousas...
|
24 abril: temos novo dominio e sitio web, por fin: osparentes.eu
|
22
abril: www.osparentes.eu Baixa o prezo do leite e hai protestas en
Lugo. |
21
abril:
Porque Os Parentes xa
somos unha páxina de certa identidade:
471 arquivos (fotos, texto, datos...)
22 carpetas diferentes
25 mb de espazo
miles de ligazóns internas
e o que virá...
|
19 abril:Cando fixemos a foto só
faltaba coser, a verdade é que impresiona máis o afeitado que o corte en si.
Trátase de unha operación de cuajar, o veterinario chámase Armando e a vaca evoluciona
ben, é unha operación relativamente sinxela e que poden surxir un par delas o
ano na nosa explotación.
|
17 abril: tal vez un dos mellores lugares do múndo para comer a carne
ao caldeiro sexa Castro de Carballedo no día da feira. E as feiras en Castro
son o 17 e o 29. Antes a xente aproveitaba o día da feira para asentar os
fillos no libro de Rexistro. Será casualidade que durante anos os nenos do
concello tendían a nacer nos días anteriores ao 17 e o 29??? |
13 abril: xa poden ven en A sociedade a lista de vacas actualizada |
11 abril: esta choiva vén que nin pintada, estes días mentres chove
andamos a ultimar detalles para empezar as obras de ampliación de
instalacións, tamén nos ocupamos do mantemento e posta a punto da maquinaria
para a ensila da herba, que se supón que falta un mes para pórse a ela.
|
9 abril: parabéns para os da Fonsagrada que foron os primeiros de
todos niso da televisión dixital. Nós por aquí algo imos vendo... parece que
nuns momentos mellor ca noutros... que todo depende do moito vento... a ver
se melloramos de vez... que iso do aire e do vento... xa se sabe... Tamén
antes se nos marchaba a electricidade continuamente, se viña un aire forte,
se nevaba, se... e agora a cousa mellorou... e falando de
... velaquí o que aparece no último número da revista Retranca.
|
6 abril: pois pasa coma na foto, tampouco nós temos nada que contar
que pasase hoxe
|
4 abril: un dos curmáns envíanos desde Bueu esta mostra de que
alí xa chegou a primavera.
|
2 abril: andamos a abonar con nitramón 27% a herba que contamos
ensilar a mediados de maio, a herba está en sazón e o tempo axuda. Este labor non dá moito traballo, faise rápido, pero si supón un gasto importante. Os
abonos subiron moito.
|
1 de abril 2008. Comezamos unha nova tempa leiteira , 2008-2009. Que a sorte nos acompañe e as vacas dean moito leite e bo... e nolo paguen a xeito... |