Os Parentes Sociedade Cooperativa Galega (English)
RILLOTE
Di o Demetrio que seica o de Lobelle moía de noite para aproveitar a auga sobrante do anterior da cadea (muíño de Quintá). Este de Lobelle parece ser que era común (de dous), pero que tamén traballaba para os veciños sen interese e como un favor.Nas fotos vese claro o conxunto, pero non se nota a falta da moa, seguramente se chame así, e que vén sendo o trebello que se encarga de facer virar a pedra (só xira unha) aproveitando a forza da auga. Pódese ver o meixelo, ese debe ser o nome, que é o sistema que fai de guindastre para levantar a pedra de arriba e picala despois de xirala para traballar ao ser do corpo (cando non está a punto, en vez de moer machula ou queima o grao).Seica despois de moer o millo ou centeo tiñas que peneiralo para facer pan ou bica, porque non separaba a fariña do farelo.
Os muíños (rillotes con peneira), son unha maneira de entender o proceso. Seica os muíños sacaban fariña de 1ª (primeira), de 2ª (segunda), rellón e farelo. Todas as pedras teñen o seu nome; o sitio onde se bota o grao chámase moxega